Páginas

7 may 2025

DECEMBRO: O SOLDADIÑO DE CHUMBO

 


    Chega decembro e é o momento dun novo reto. Hansel e Gretel, e Brancaneves xa voltaron aos seus contos. Quixemos adicalo a todas as persoas con "capacidades" diferentes para conmemorar o día das persoas con "discapacidade". 

           - Conto elexido para traballar este mes: O soldadiño de chumbo.

       -  Obxecto máxico: o barco de papel

          - Reto final: Somos capaces

Todos somos únicos, especiais e temos “especialidades” que nos fan diferentes aos demais e este conto celebra esas diferenzas cos diferentes personaxes e recoñece que todos temos algo que nos converte en superheroes e superheroínas das nosas propias vidas.  

 ·         Día das persoas con “discapacidade”: Para traballar a diversidade hai que poñerse á mesma altura que o que tes diante, coñecelo de cerca e sen etiquetas. O problema está cando miramos aos demáis de lonxe e só vemos o máis superficial. Propoñemos algún taller en colaboración coa Asociación “Eu son” e o Enfermo Mental da Mariña, para ofrecer ao noso alumnado a oportunidade de entender a importancia da normalización das “diversas capacidades” e ver que hai persoas diferentes en todos os sentidos.

-       Contaremos coa axuda dos especialistas en E.F. que ao longo da semana do 2 ao 5 de decembro adaptarán algúns dos xogos do magosto para poñer ao alumnado no “lugar do outro” e que tomen conciencia das dificultades que deben superar cada día.

-       Namentres, como parte do reto 3, nas aulas pensamos nun conto clásico e imaxinamos como o contariamos si algún dos seus personaxes principais tivese algunha “discapacidade” que afectase á trama do mesmo. Cambiache o conto? Dámoslle unha reviravolta con humor á nosa maneira… nun formato de miniconto traballando a capacidade de síntese cunha linguaxe precisa e estruturas sinxelas para contar unha historia.

  É o momento dunha nova asamblea dos contos!!! Libruxa presenta o seguinte reto que consistirá en crear minirrelatos.




      E así de bonitos quedaron os nosos microrrelatos cheos de personaxes con "capacidades diferentes":








    Tamén contamos coa colaboración da Fundación Eu Son que nos viñeron a representar a obra "Guapa" para demostrar todas as nosas "capacidades". Despois da representación compartimos unha mañá de xogos moi entretida, aproveitando os que xa tiñamos feitos do magosto.