O obxectivo central desta nova edición é aportar dinamismo e potenciar o lema do 2024-2025 das bibliotecas escolares: unha biblioteca escolar, a escena!. Poñendo así o foco en todas as posiblidades que nos ofrece o teatro tanto no disfrute do lector como na aprendizaxe curricular en todas as etapas educativas.
Así pois, este curso, o obxectivo da microrrede é poñer en valor o teatro, destacando su valor educativo y creativo. O teatro permite fomentar a imaxinación, a lectura, a empatía e as habilidades sociais, además de ofrecer un enfoque inclusivo e colaborativo. Cada centro realizará un traballo individual de centro adaptado á súa realidade e participará nun proxecto colaborativo que culminará, coma sempre, na exposición final no mes de Maio.
Así, unha biblioteca convertase nun espacio central de creación e aprendizaje, acompañando ao alumnado, a cultura e ao desenvolvemento de competencias esenciais dun xeito dinámico e participativo.
O BIBLIOBÚS PERCORRE A MARIÑA
Baixo este título atópase o traballo colaborativo das bibliotecas da Microrrede que irá rulando de centro en centro.
O bibliobús de Ratígoras! Pequenas historias de teatro de monicreques que van rulando dun centro a outro por toda a Mariña. O persoaxe central é un rato de biblioteca chamado Ratígoras e vive nun bibliobús, dentro dunha furna de cristal.
Ratígoras ten unha personalizade un tanto especial e vai a coñecer no seu viaxe pola Mariña a moitos e moitas compañeiros novos!
Iredes vendo semana a semana a onde viaxa Ratígoras e qué historias lle van acontecendo!
Este é o vídeo que o noso cole preparou coa chegada de Ratígoras ao Vista Alegre...
Agora estamos a ensaiar co alumnado de 6º de Primaria unha representación teatral que estrearemos a semana da exposición en Viveiro. Titúlase "A festa da primavera"
Así nos quedou o día da representación, o mércores 14 de maio en Viveiro:
A semana de exposición quedou recollida nas redes sociais da Microrrede. Este foi o cartel elexido entre varias opcións que O Bacharelato de Artes do IES Monte Castelo preparou para esta exposición