Páginas

30 may 2024

E MENTRAS....QUE ESTÁN A FACER OS REINOS? TALLERES E OBRADOIROS


    Ao longo deste trimestre, o alumnado de Vistamáxica tivo algunha que outra visita mooooi interesante e tamén realizou varias saídas pola contorna, así como diversos obradoiros. 

   Os máis pequeniños experimentaron coa luz negra 

   
e  investigaron sobre os xogos olímpicos nun novo mini-proxecto de aula

    O alumnado de 6º de EP recibiu a visita da Garda Civil para falar sobre o acoso escolar

   e o alumnado de 5º participou nos Xogos Olímpicos da Mariña, desprazándose ata Ribadeo:


     O alumnado de 6º, da man da Área de Inmigración, Integración e Cooperación, recibiu a visita de Laura Semedo, Filóloga de orixe portugués e pais caboverdianos, que lles falou sobre a súa vida, os estudos e o afán de superación. 

   
    Visitas ao muelle e diferentes instalacións portuarias do alumnado de 2º e 3º ciclos:
   
O alumnado de 4 anos segue a coñecer os animais e as materias primas e os de 3 anos a realizar algún taller de cociña, como ven sendo habitual...

    Tamén é o momento de plantar algunha verdura-froita de temporada no noso horto

  O alumnado de 4º de EP recibiu unha charla por parte das monitoras de Gaia sobre reciclaxe e conciencia ecolóxica e realizaron un traballo grupal

e os pequenos de 4 anos recibiron información sobre os animais e o seu coidado da man da Protectora "Bigotes"