Páginas

22 may 2024

AS LETRAS DE LUÍSA VILLALTA

 


       Luísa Villata non publicou ningunha obra dirixida ao público infantil e a súa producción tampouco resulta doada para o público xuvenil. Pero o mercado editorial ofrécenos diversos títulos que nos facilitaron o achegamento a esta muller, á súa vida e obra para as idades máis pequenas, así tamén como escolmas de citas e traballos pensadas para os máis peques. Grazas a elas puidemos achegarnos a esta figura das Letras Galegas: 


          Como parte das actividades diseñadas para conmemorar este día, o alumnado de 6º participou na proposta do Concello de Burela: un Maratón de Escritura no salón de plenos con tres acrósticos moi especias: o da FAMILIA, o de BURELA e o de GALICIA.  No libro quedarán recollidos tamén outros textos ou fragmentos que se irán escribindo ao longo dese día. 


   Ademáis, no cole o resto de alumnado creou un mural con fragmentos e debuxos inspiradores dalgúns dos textos de Luísa Villalta 




     Uns días máis tarde tamén disfrutamos do correlingua, que este ano tivo lugar precisamente en Burela