Páginas

8 may 2024

TALLERES E OBRADOIROS

 


      Ao longo deste trimestre os reinos recibiron varias visitas para tratar temas de interese ou actualidade, así como outros relacionados cos diferentes pequenos proxectos de aula. Vexamos cales...

     Ao alumnado de 5º e 6º  faláronlles sobre a xestión de emocións, a sexualidade, os cambios nesas idades, os perigos das redes sociais e a pornografía...



      As áreas de Mocidade e Educación do Concello de Burela impulsaron uns Obradoiros de Regueifa nos centros educativos do municipio, impartidos por Cristian Gómez da Asociación Erre que Erre. Consideramos que é unha actividade moi atractiva para aprender un pouquiño máis sobre a nosa cultura, a creatividade, a improvisación e a expresión oral.