Páginas

23 mar 2022

RADIO VISTALEGRÍN!!!!

 

   

    Xa está aquí RADIO VISTALEGRÍN!!!!!!!  E por fin xa temos a nosa mascota, un diseño de Jimena, de 6º curso de primaria, que convirteu o faro de Burela nun orixinal locutor de radio: 


    
    Diseñamos tamén un logo para que toda a nosa comunidade educativa identifique a radio da escola: 




 Creouse un blog específico para a radio, onde iremos colgando os diferentes podcasts e outras actividades que vaiamos facendo, así como un cartel para os podcasts que imos ir creando na páxina da radio: 

            radiobibliovistalegrin.blogspot.com





  Ademáis, xa temos no edificio 1 do noso cole un pequeno espazo onde ubicalo xa que na nosa biblio temos bastantes problemas de espazo. Ainda que temos que ultimar a compra de mobiliario para ir facéndoo un lugar máis cómodo e acolledor.