Ao longo do mes de febreiro, os nenos e nenas de 1º ciclo recibiron a visita da Asociación de madeiristas de Lugo e unha Brigada de Axentes Forestais da zona de Viveiro.
En canto á asociación de madeiristas, viñeron presentarnos o seu Programa "O Sector Forestal tan próximo como descoñecido", co obxectivo de representar e defender os intereses do sector forestal e amosar aos máis pequenos cal é o labor dunha empresa madeireia, ademáis do coidado da natureza.
Os axentes forestais (APROFAGA) sorprendéronnos cos seus vehículos e ferramentas para traballar no monte. Axudáronnos a coñecer un pouquiño máis o seu traballo e as súas funcións na protección e coidado dos montes.