Moitos libros nos están a facer pasar esta cuarentena un pouquiño mellor, tantos aos nen@s como aos adultos...Viaxamos a través das súas páxinas, emocionámonos cos protagonistas, soñamos con mundos mellores....
Achégase o Día do Libro e sempre o celebramos no cole con algunha actividade especial. Os profes estivemos pensando e pensando que podiamos facer para conmemorar este día con vós e as vosas familias de xeito virtual e ocorreusenos crear unhas adiviñas literarias ás que lle chamamos "A Ruta do Libro 2020"
Libruxa invítavos a participar nesta ruta do día do libro e convertirvos en verdadeiros detectives literarios para adiviñar de que libro ou personaxe estamos a falar nos vídeos que vos gravamos. Hai variedade, para todas as idades, en varios idiomas, uns fáciles, outros non tanto...pero de seguro que os coñecedes todos.
Antes de comezar, fixádevos ben nos iconos azuis que tedes no recadro amarelo da presentación, daravos información necesaria para participar na actividade, facilítavos unha plantilla para ir apuntando as respostas, ainda que as podedes escribir nun folio. Cando as teñades todas, indícavos o enderezo de Libruxa para enviarlle unha foto das respostas co voso nome, apelidos e curso e tamén, como sorpresa, atoparedes un vídeo de Mónica, con instruccións para crear un marcapáxinas.
Agora sí, colle lapis e papel e escoita atentamente os vídeos. Seredes quen de adiviñar os personaxes ou libros dos que están a falar os profes?
Animádevos e a divertirse investigando en familia!!!
Aquí tedes tamén a plantilla para escribir as respostas. Podedes descargala ou simplemente empregar un folio en branco.
Libruxa espera que vos divirtades moito con estas adiviñas literarias e estará encantada de recibir as vosas fotos coas respostas, cantas máis mellor!!!; pero tenvos que poñer un prazo xa que aquel@s que adiviñen todo correctamente recibirán un pequeno agasallo virtual: ata o xoves 30 de abril.
Pasado xa o prazo, aquí vos deixa as respostas ás adiviñas literarias:
Ademáis Libruxa quixo agasallar non só aos gañadores, se non tamén a tod@s aquel@s que participaron, porque recordade: o importante é participar e envioulles por mail un pequeno agasallo recordándolles tamén que sigan disfrutando da lectura:
Aquí tedes tamén a plantilla para escribir as respostas. Podedes descargala ou simplemente empregar un folio en branco.
Plantillla a Ruta Dos Libros by Nazareth on Scribd
Libruxa espera que vos divirtades moito con estas adiviñas literarias e estará encantada de recibir as vosas fotos coas respostas, cantas máis mellor!!!; pero tenvos que poñer un prazo xa que aquel@s que adiviñen todo correctamente recibirán un pequeno agasallo virtual: ata o xoves 30 de abril.
Pasado xa o prazo, aquí vos deixa as respostas ás adiviñas literarias:
respostas adiviñas by Nazareth on Scribd