En reunión virtual, os membr@s da Microrrede A Mariña tivemos que tomar a decisión de suspender a novena exposición "Cidadá(n)s da Mariña, Cidadá(n)s do mundo" e aprazala para o vindeiro curso, dadas as circunstancias por mor do COVID-19.
Todo estaba preparado para enviar as cartas ás familias e poñer mans á obra para realizar os traballos artístico-literarios e preparar a exposición no cole, pero...como xa dixemos, non puido ser.
De todos os xeitos, nestes momentos as coordinadoras das bibliotecas da microrrede quixemos realizar unha actividade especial:
- as diferentes bibliotecas saúdan a todas as comunidades educativas.
- facemos un repaso das oito edicións anteriores.