Páginas

2 abr 2020

2 DE ABRIL. DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


HOXE LEO NA CASA!!!!

Dende o ano 1967, vense celebrando o 2 de abril o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil ao coincidir esta data co nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. Intenta promoverse a lectura e o amor polos libros entre os máis nov@s así como, promocionar a boa literatura infantil e xuvenil. 

    Por esta razón, Libruxa pensa que a mellor maneira de celebrar este día, dende as nosas casas é....LENDO!!!

      Pero tamén escoitando algúnha historia, para aqueles e aquelas que xa lérades todos os libros que tedes na casa. 

       Aquí vos deixa a súa particular selección, que normalmente poderiamos atopar na nosa biblio, para que vaiedes elexindo...

- Recoméndavos o enlace que xa vos deixou noutra entrada de Kalandraka TV, na sección "contos contados", un canal de televisión dixital onde se poden atopar entrevistas, reportaxes, novas, recomendacións literarias, experiencias lectoras e tamén, un lugar onde diferentes autores e contacontos narran historias moi coñecida en galego:

(preme na imaxe)

-  A editorial ANAYA ofrece nestes momentos un enlace con libros para todas as idades en aberto das diferentes editoriales que conforman o grupo:
(preme no logo) 




10 propostas en galego e gratis para descargar: Ademáis de Anaya, Baía Edicións libera un compendio de libros dende os 4 ata os 12 anos en galego. Podedes ir descargando a que vos interese ao voso ordenador, móvil ou tablet sin problema. Aparecen os títulos por idades, pero bueno....mellor ide botando unha ollada para elexir.


-  A fermosa historia de Raquel Díaz Reguera, "Yo voy conmigo", que xa é un clásico da literatura infantil:  

  

  -   ou o conto de Anna Llenas, "Te quiero (casi siempre)" 



 tamén en versión canción: 



     

- Agora que temos as nosas emocións a flor de pel, recordamos El Monstruo de Colores, de Anna Llenas:  


   Con rima e ritmo: 
   



    -  "Simón, corazón de camaleón", de Alicia Gonzálex Ramírez. A través desta historia Libruxa rétavos a que disfrutedes aprendendo a coñecer e querer ao voso "corazón-camaleón"



  -  Da man da contacontos Beatriz Montero, podedes ler e escoitar a divertida historia rimada "Como mola tu escoba" de Julia Donaldson e Axel Sheffler. 





  tamén en inglés: 






   -    Para un pouquiño máis maiores, unha historia que merece a pena ler e escoitar, "¿Qué le pasa a Uma?" de Raquel Díaz Reguera, sobre o bullying: 

        

   -    Do libro "El niño que se olvidó de dormir", indicado para máis de 10 anos, de Rush Smith, sobre os medos e os pesadelos polas noites, con canción do mesmo autor: 




  -   "El Paraguas", de Liu Jae Soo, é un álbum ilustrado sen texto no que podemos inventarnos a historia ao ir pasando as páxinas. Comeza o seu camiño só o paraugas amarelo, e vai atopando amigos a cada paso que da. Foi premiado como un dos mellores álbumes ilustrados e está recomendado polo IBBY  para nen@s con discapacidades.
   Escoita primeiro a historia. Despois quítalle a voz ao vídeo e inventa ti unha nova:


  -  Bookcase con contos e poesía para diferentes idades, algúns dos cales podedes non só ler, se non tamén escoitar. Tamén se pode escanear o código QR e accedeer ao bookcase dende o móvil ou tablets. Elexide o idioma e listo!!!




    -  Experimentamos cos puntos? Cantos tipos de puntos sodes capaces de facer? Con cantas cores?... "El punto", de Peter H. Reynolds, unha historia contada por Beatriz Montero para deixar volar a túa creatividade cando a acabas de escoitar:  



  -   "Vamos a cazar un oso", de Michael Rosen e Helen Oxenbury, un clásico da literatura infantil inglesa, unha divertida historia con estructura repetitiva e chea de onomatopeias na que os máis pequenos poder interacturar. 




    Na voz de Beatriz Montero, 



  e aquí tedes ao mesmo autor contándonos o conto en versión orixinal: 




  -  La Chicacharcos and the Katiuskas Band, "Mi isla" é un libro-disco con poemas, ilustracións e cancións con fermosos mensaxes de liberdade: a cada nen@ o seu camiño, o que o seu corazón dicte, as súas gañas de aventura e sempre queréndose a un mesm@. 
 Aquí vai unha pequena mostra (xa en youtube, si premes na parte dereita arriba poderás escoitar máis poemas musicados):




  -  Para os máis pequeniños, da colección de Kalandraka "De la cuna a la luna":





  -   Tamén aos pequeniños lles encanta a colección de Veo Veo, de Guido van Genechten




    
  -  Tamén para peques e non tan peques, "La ballena que iba llena", un libro-disco con 13 contos que se transforman en cancións e os debuxos noutros contos...O libro empeza coa historia que lle da nome e que podedes escoitar no seguinte vídeo a ritmo del vals: 


  -   Dende DISCAPNET (o portal das persoas con discapacidade- Fundación ONCE) publican unha selección de contos para promover a educación en valores. Podemos lelos, descargar o documento ou escoitalos (lectura fácil) de forma gratuita tanto dende o ordenador como do móvil ou tablets. 

  

(Preme na imaxe)

 -  "Petit Pop en Silenciópolis", podemos escoitar un adianto en Spotify. Só temos que rexistrarnos creando unha conta gratuita: 



 -  Contacontos Beatriz Montero. Un canal de youtube onde podes atopar moitíííísimas historias que coñeces contadas de forma diferente e divertida. 
                        



  -   Tampouco podía faltar a poesía, nin un autor que a Libruxa lle gusta especialmente, e do que sabe que nalgunhas clases leron ou estaban lendo algúns dos seus poemas, Antonio García Teijeiro, con Poemar o mar ou  Vento, ventiño, venteiro, e que mellor que escoitalos na voz do propio autor:  

   

Vídeo n.6 de "Achegar a poesía a nenos e nenas" con lectura de poemas do libro "Poemar o mar", gañador do Premio Nacional de LIX. 2017 polo autor do mesmo.
De feito, neste recitado aparece o poema do que partimos a principios de curso no noso Proxecto de centro sobre o mar, e que os peques de infantil recitaron no Congreso de Expomar. Acordádesvos cal é?



   
 Tampouco podía faltar a poesía de Fran Alonso e "O meu gato é un poeta" ou "Poemas birollos para ler cos ollos", diferentes tipos de letra, misturando diversos xéneros literarios como a posía visual, os xogos de palabras, os caligramas....

            



      

   ou a poesía de Mar Benegas, co seu libro "A lo bestia". Non hai nada mellor que coñecer a poesía a través das palabras da propia autora:  


   Lede aquí algúns dos seus poemas: 


  -  Contos con pictogramas 

(preme na imaxe)

     
    Os seguintes contos están descargados dende a web de aprendices visuales, un proyecto sin ánimo de lucro para a creación de contos con pictogramas. Tamén se pode descargar a aplicación interactiva de "José aprende" onde poderás atopar máis contos, só hai que inscribirse: 

La Rana Pirata by Nazareth on Scribd








  - GALICIALE: A plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas proporciona durante a cuarentena un servizo de préstamo temporal gratuito para todas as idades coa idea de facilitar o acceso de toda a cidadanía á literatura. O lector atopará dous catálogos, un en galego e outro en castelán, que poderán lerse e visionarse en tabletas, móviles ou ordenadores. No caso dos libros tamén cun lector de libro electrónico. Só tes que rexistrarte seguindo uns pasos.