Páginas

24 oct 2021

TALLERES POLA IGUALDADE

 




     É fundamental para o noso centro implicarnos neste tipo de activiades que teñen como obxectivo sensibilizar aos máis pequenos sobre a importancia de avanzar cara a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, tomar conciencia das desigualdades que ainda persisten como primeiro paso para unha igualdade real.

  Queremos ao longo do curso integrar na nosa programación lecturas, actividades, talleres, charlas...que lles permita reflexionar sobre as diversas actitudes individuais que posibiliten o cambio, revisar estereotipos e prexuizos sexistas incidindo na idea de CORRESPONSABILIDADE entre mulleres e homes en todos os ámbitos da vida. 

  Estas actividades enmárcanse dentro do Proxecto de Igualdade do Concello de Burela, coa colaboración por segundo ano do centro psicopedagóxico "A ciudade Educativa", que viñeron ao cole facernos as diferentes sesións neste mes de outubro dentro do seu programa de igualdade e prevención da violencia de xénero "Educando en Igualdade". Falouse de coeducación, corresponsabilidade, estereotipos e educación dixital, entre outras moitas cousas. 

 


  En 1º ciclo, visitounos Alfredo, un pequeno dragón con moitas dúbidas sobre as tarefas da casa...que pouco a pouco lle fumos resolvendo. 




   Ao final da sesión, Alfredo entregounos unha tarxetiña con diferentes tarefas que el pensaba realizar na súa casa, a ver cantos nenos e nenas as facían na súa?


     Tamén o alumnado de 3º ciclo recibiron a Toni e Cris de "A cidade educativa", con charlas sobre os perigos de Internet á hora de compartir información perosal en rede e de como os medios de comunicación, a publicidade e Internet non fomentan, precisamente, a igualdade. Falaron da necesidade de ter unha actitude crítica á hora de identificar actitudes machistar para tratar de cambialos. Tamén lles falaron de como a través de Internet non todo o que se vende é real, da importancia de ler os permisos que aceptamos...Todo isto en dúas sesións con diferentes dinámicas: explicacións, vídeos, cuestionarios, xogos...