Páginas

18 abr 2021

CHEGANDO AO REMATE DO NOSO CAMIÑO: BURELEO 2021

 


      Coa chegada do 3º trimestre, estamos chegando ao remate do noso PDI "Xacobeo-Bureleo 2021". Si ata o de agora coñecimos que é o Xacobeo, as rutas Xacobeas, os diferentes países dende os que poden saír os peregrinos e as diferentes rutas do Camiño, os símbolos e o seu significado.....só nos quedaba planificar a nosa particular ruta do Camiño, a cal decidimos chamar "Bureleo 2021", unha ruta por Burela para a que contamos coa colaboración do Concello e das monitoras de GAIA, que nos acompañarán ao longo da mesma. 

     Para comezar, colocamos nas entradas dos dous edificios un mapa do noso concello sinalando os lugares máis coñecidos para o noso alumnado. Despois, partindo dunha ruta circular xa existente, creamos a nosa propia con algún tramo novo que queremos acondicionar para que se convirta en parte da ruta orixinal. 

      O seguinte paso foi asignar a cada clase un tramo desa ruta: 


   Como podedes ver, neste documento que se lle entregou a cada titor/a tamén aparecen os puntos de interese do tramo que lles tocou facer, xunto co día no que farán a ruta co seus alumn@s. Por mor da emerxencia sanitaria que estamos a vivir e como parte do protocolo Covid, non coincidirán as clases nos mesmos puntos da ruta, polo que no mesmo día sairá unha clase cara a unha zona do Camiño, e outra dirixirase ao lado oposto da ruta. 
 
   Esta actividade tamén ten a súa parte de investigación previa, xa que cada clase irá coñecendo o seu tramo traballando os puntos de interese ou onde está situada no mapa...para despois de saír a camiñar completar a actividade cun produto final que será a "Guía do Bureleo" con fotos e audios explicativos gravados pol@s nen@s e códigos QR que se engadirán ao comezo de cada tramo: 

BURELEO21 by Nazareth