Unha cita sinalada no calendario onde disfrutar da literatura dunha maneira distinta. Unha oportunidade de coñecer novos autores, regalar literatura...Unha invitación a achegar aos máis pequenos ao mundo das letras dun xeito especial.
Deste xeito, durante todo o mes de abril, o noso alumnado está coñecendo, lendo e investigando sobre un libro especial ou moi coñecido do país do Camiño que teñen asignado dende principio de curso e o día 23 colgaremos as 3 pistas nas árbores do cole para comezar o noso particular book-tour, onde cada clase terá que adiviñar o título dos libros que @s nos@s compañeir@s estiveron lendo. Cantos adiviñaremos? Coñecerémolos todos? Picaranos a curiosidade para ler algúns deles? Xa iremos vendo....
Para facer este percorrido polas xeografías lectoras do Camiño, Libruxa entregou nos buzóns a explicación da actividade que inclúe ademáis a árbore do cole asignada a cada clase onde teremos que colgar as pistas e a plantilla para ir cubrindo segundo vaiamos adiviñando os libros:
Despois de moito pensar como poderiamos colgar as pistas nas árbores, primeiro ocurriusenos facelas nun formato "folla" e plastificalas para que colgaran das ramas, pero como tamén estamos inmersos no Proxecto Europeo "Friends for our Planet!" sobre a enerxía, o coidado do medio ambiente, contaminación e reciclaxe... non nos pareceu a maneira máis axeitada, polo que decidimos reusar botellas de auga e colocar as pistas dentro de maneira que se puidesen ver sen ter que abrir a botella e sacar o papel (protocolo Covid).
shhhhhh! non llo digades a niguén...aquí están as solucións do book-tour do Camiño: