Páginas

25 oct 2017

XA CHEGA O SAMAÍN







 Está chegando unha das festas favoritas dos nen@s e xa empezan a visitar a biblioteca seres misteriosos e fantásticos. Libruxa está moi contenta. Tamén é unha festa moi especial para ela. É unha bruxa e xa se sabe...está moi ben acompañada polos seus amigos morcegos, pantasmas, vampiros... Xa está engalanando a chimenea, preparando a súa capa para as ocasións especiais, cepillando ao seu amigo Gato. Imaxinades a de historias que se contarán pola noite, cando están sós? Sen ninguén no cole. 
  Nunha destas noites decatáronse que non chegara aínda ningún monstro. Algo lles tiña que ter pasado. Tiñan que facer algo e a Libruxa ocurreuselle pedirvos axuda para facer un MONSTRUARIO con criaturas incríbles e divertidas que deixarán de estar na vosa imaxinación. E esta foi a carta que vos escribiu e que recibistes xa nos vosos buzóns: 

   SAMAÍN by Nazareth on Scribd
   
   
   Tamén vos deixou unhas plantillas para que fórades decidindo que cualidades terán os vosos monstros, como se chaman, onde viven, os seus poderes...e así, pouco a pouco, ir dándolles a súa peculiar personalidade monstruosa.

   PLANTILLASMONSTRUARIO by Nazareth on Scribd
 

(Esta idea de plantilla está sacada do fantástico blog de Isabel Bermejo:  http://lapiceromagico.blogspot.com.es/



  Libuxa espera con impaciencia que os monstros visiten rápido a súa biblioteca e poder divertirse coas súas historias. 
















  


   
  Mentres, ela tamén ten moito traballo: desempolvar os libros de medo dos andeis e encargar algúns novos para os expositores, elaborar unha guía con lecturas terroríficas para este mes do medo que vai comezar....


    
   Concur So Monstruos by Nazareth on Scribd

    Como vedes, para completar a guía na portada e contraportada organizamos un concurso de monstruos. Os nenos e nenas, despois de adiviñar quén era quen a través das distintas descricións que se fixeron, tiveron que votar cal era o seu monstruo preferido e o gañador estaría na portada da guía de Samaín deste ano. Resultou gañador o monstruo da clase de 1ª A


   Halloween Samaín by Nazareth on Scribd



   Todo o alumnado puido elexir as súas lecturas terroríficas nos expositores que estiveron case todo o mes adicados a este tema, ben para subir ás aulas, levar en préstamo ou como animación lectora nas sesións semanais na biblioteca: 

    


        Así foi o noso Samaín: 




  Os nenos de Educacion Infantil de 5 anos leron a "Carabuñas", un conto que lles encanta, e fixeron o seu mural con títeres de fieltro para represetar a historia: 






RECURSOS:

https://sites.google.com/site/recursosparaosamain/


- Aquí tedes un pouquiño de lenda:



- De Belén Junquera: 

                                       


- De Carmen Salas:




   Cando visitemos a biblioteca, tamén podemos crear contos de medo grazas a este pequeno taboleiro ao que podemos acceder dende o ordenador e proxectalo na pantalla: