Na programación de Plástica deste curso temos programado a realización de talleres de CERÁMICA do 3 ao 7 de febreiro e para elo contamos coa colaboración de varios ceramistas da comarca.
Pretendemos poñer en valor a importancia da expresión artística dentro da educación do noso alumnado.
Pretendemos poñer en valor a importancia da expresión artística dentro da educación do noso alumnado.
LUCÍA CATUXO
Unha estancia cando nena en Sargadelos deixou nela
unha pegada moi importante e decidiu adicarse á cerámica.
Na Casa do Cura, antiga reitoral de Vilafernando
(Trabada) podemos visitar o seu taller e a tenda de artesanía.
Crea as súas pezas utilizando esmaltes propios
mezclando óxidos e pigmentos.
Recentemente estivo em Estocolmo como representante da
cerámica contemporánea galega.
ESTEFANO GUDÍN
Comezou como ceramista no ano 2000. Realizou diversas réplicas de
utensilios domésticos como tixolas e cazos sempre con barro tratado con
diferentes terras para conseguir óxidos naturais a imitación do ferro.
Desde o 2004 exerce a actividade profesional no seu obradoiro na
localidade de Cervo. Diversificou a produción e realiza tanto pezas de uso doméstico
(xogos de café, xogos de queimada, botellas, tazas, xarróns) como obxectos
decorativos (murais, placas, maquetas e esculturas). Mostras públicas da súa
obra están en exposición permante no Concello de Viveiro e no Museo Provincial
de Lugo.
MANUEL MIRANDA
Artesán; ten o seu taller en Riocovo, Cervo. A súa
produción céntrase fundamentalmente na realización de pezas relacionadas co
patrimonio cultural galego: reproducións de cerámica campaniforme,
castrexa e romana así coma reproducións arqueolóxicas en bronce. Tamén
fai maquetas representativas da nosa arquitectura tradicional.
Colaborou na creación do Museo etnográfico de A
Fonsagrada de cuxa directiva forma parte na actualidade.
PILAR REI
TEIXEIRO
Ceramista, é diplomada na Escola de Artes e
Oficios da Coruña, na especialidade de cerámica.
Terminados os seus estudos, traballa nunha olaría en
Mondoñedo, onde perfecciona os seus coñecementos de cerámica popular galega.
No ano 1988 abre o seu propio obradoiro en Foz, onde
desenvolve o seu traballo creativo, que compaxina coa impartición de clases.
Participa en diversas exposicións colectivas e en
1999 consegue o 1º premio na 4ª edición do Certame de Arte Galería Burela na
especialidade de escultura coa súa peza "O baile".
Ademais o alumnado de Infantil está participando en talleres de expresión artística en colaboración co Departamento de Arte do IES Monte Castelo.