DÍA DA PAZ
traballaremos a figura de NELSON MANDELA.Entre todo o centro elaboraremos un libro
"EU SON NELSON MANDELA"
en tamaño A3, organizando o traballo da seguinte forma:E.Infantil : realizará a portada e investigará onde naceu, como vivía, estudos...(situar o país no mapa, animais, tipo de casas, nome orixinal e posterior nome)
1º ciclo: a situación social dese momento en Sudáfrica
2º ciclo: a vida de Mandela no cárcere e a súa loita
3º ciclo: liña do tempo que recolla os feitos máis relevantes da súa vida. Frases célebres de Mandela.
A data límite de entrega dos traballos será o 28 de febreiro na biblioteca.
CELEBRACIÓN:
O día 30 celebraremos o Dia da Paz no centro, será despois
do recreo na sala de usos múltiples. Cada curso explicará ao resto o seu
traballo.
A continuación bailaremos/ escoitaremos a canción “Nkosi sikelel’iAfrika”
E xa por último, taller de bicos e apertas.
RECURSOS:
Libros: “Yo me llamo... Nelson Mandela” e
“Mis cuentos africanos”
“Mis cuentos africanos”
Recursos en inglés
Para introducir o tema do Apartheid, desde o Ceip de Andrade comparten esta historia O autobús de Rosa
Películas: “Invictus” e “Mandela: del mito al hombre” (estreno venres 17 xaneiro).
Aínda que non está relacionado con Mandela mirade este conto "Marce, o carteiro" que nos chega desde a biblio do Ceip Milladoiro de Malpica