CADA OVELLA COA SÚA PARELLA
Actividade para
facer nas horas de biblioteca en abril, mes dos
libros
Trátase de emparellar tarxetas coa portada de libros
con tarxetas con parágrafos dos libros correspondentes que están clasificadas cun
borde da cor segundo os ciclos.
Desenvolvemento da actividade:
- Dividir a clase en 3 equipos
- Entregar a cada equipo un soporte e un sobre que contén 4 portadas e 4 parágrafos
- Nun tempo marcado pola titora ou titor terán que emparellar as tarxetas colocándoas no soporte
- Pasado ese tempo intercambiarán os sobres para que os tres equipos solucionen os 3 sobres