Co gallo do Día Mundial do Libro 2013, a escritora, narradora, actriz e directora teatral, Paula Carballeira, agasalla ás Bibliotecas Escolares de Galicia
cun texto que pon en valor as potencialidades do libro para atraer e
seducir as lectoras e os lectores, mesmo aqueles que de principio non
están especialmente motivados pola lectura. Quen está acostumado aos
textos e ás narracións orais de Paula Carballeira recoñeceraa sen
problema neste "monólogo" que comeza así:
Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro
Por que?
Que lle fixen eu?
Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares