O martes 5 de marzo visitou a nosa biblioteca o escritor PEPE MAESTRO.
Contounos dúas historias moi divertidas e bromeaba dicindo que nos ía hipnotizar pois antes de ser escritor traballou no circo e tamén nos dixo que tivera unha granxa escola xa que lle gusta moito a natureza.
Os nenos e as nenas de 3º e 4º curso limos " EL CIRCO DE BALTASAR" que nos emocionou. Foi o seu primeiro libro. ENCANTOUNOS. Seguiremos a ler os seus libros.
E os nenos e as nenas de 1º ciclo pasárono FENOMENAL. Dixeron: gustounos moito, era moi gracioso, ogallá viñera outra vez. gustáronnos moito os seus contos. Eran contos clásicos. Tamén nos falou da súa amiga Petronila.
No hay comentarios:
Publicar un comentario