UNHA PRIMAVERA DE POEMAS:
apadriña unha poesía
Desde a biblioteca, en
colaboración con outras da comarca, propoñemos ás familias esta actividade. Ten
como obxectivo a posta en valor da poesía como unha forma máis de literatura e
como factor importante na formación de hábitos lectores.
Consiste en que xunto cos vosos
fillos e fillas escollades un poema que vos guste, o copiedes na planilla que
vos enviamos, lle faigades unha pequeña ilustración, inventedes unha nova
estrofa (si se desexa) e cubrades os datos que se indican. Finalmente
recortades a flor de tulipán.
O prazo para entregar este
traballo será á volta das vacacións de Semana Santa e con todos eles faremos
unha exposición no cole que poderedes visitar durante o mes de abril. En maio
expoñeremos todos os traballos dos colexios participantes na sala de
Exposicións do Concello de Viveiro.
Na biblioteca dispoñemos de libros de poesía que os alumnos poden levar en
préstamo e aquí accedes a unha Antoloxía poética multimedia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario