Páginas

29 abr 2010

XABIER P. DOCAMPO, TODO UN PLACER


Unha das actividades programadas con motivo do DÍA DO LIBRO era a visita de XAVIER P. DOCAMPO, e hoxe estivo con nós.

Deixounos unha mensaxe moi clara: LEMOS PARA PENSAR. Contounos o conto de Carrapuchiña e foinos facendo preguntas sobre os feitos que pasan no conto, e así descubrimos moitas cousas nas que non nos fixáramos ata hoxe. Fíxoo dunha maneira moi divertida e rímonos un montón.

Díxonos que todas as historias que escribe, dalgunha maneira, son cousas que lle pasan a el; sempre leva un caderno no peto e vai anotando cousas que despois recolle nos seus libros. Sempre escribe en galego porque é a súa lingua, dixo, aínda que fala dúas ou tres máis. Así ten a riqueza de poder escoller no que quere falar.

Escribiu na libreta de convidados de Libruxa e tamén asinou o libro de BOLBORETAS.