Para que les? é o título dunha iniciativa do Clube de Lectura da ONG Implicadas no Desenvolvemento. Esta proposta foi recollida por un gran número de bibliotecas escolares galegas que contribuiron coas súas achegas á montaxe dunha exposición para o Día mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, na que moitas persoas pertencentes a diferentes eidos da cultura, persoas anónimas, mestres/as e alumnos/as explican as razóns para ler e o que a lectura proporciona ás súas vidas. Todo este traballo foi coordinado por Loly Lago do Ies de Fene e Charo Sánchez Gabriel do Ies Sánchez Cantón de Pontevedra. Olga Rodríguez, do Ceip Milladoiro de Malpica, coordinou o traballo de recompilación de textos e fotos de persoas famosas con profesións moi diferentes que nos contan que ELES E ELAS TAMÉN LEN
Aquí tes o resultado