Páginas

27 may 2021

LETRAS GALEGAS: XELA ARIAS E VERBAS DO CAMIÑO


Guía Xela Arias by Nazareth

    Xela Arias, escritora e tradutora á quen se lle dedica neste 2021 o Día das Letras Galegas. Para ir coñecendo a esta autora, a bliblioteca pon ao longo deste mes de maio unha serie de títulos a disposición do alumnado e profesorado. 

     Para ir traballando nas aulas podemos acceder a este enlaces: 

- SEMINARIO GALÁN

- RECURSOS DA RAG: LETRAS GALEGAS 2021

- PRIMAVERA DAS LETRAS

- AULAS GALEGAS

   


      Non nos esquecemos dos "Padriños e Madriñas" que @s nen@s nos piden cada ano, ainda que nesta ocasión, por mor das restriccións, ímolo organizar dun xeito un pouco distinto. Como estamos coas rutas do Bureleo neste mes de maio e cada día falta algún curso, decidimos pospoñelo para o mes de xuño. Terá lugar no edificio 2 e por quendas algún nen@ dos cursos máis altos leranlles, escenificaranlles, recitaranlles...algún texto por megafonía que teremos instalada no patio aos máis pequenos, que estarán sentad@s mantendo as distancias na pista, escoitando mooooooi atentos.  

  

¡Letras Galegas! by Nazareth

    Como ben sabedes, no cole estivemos levando a cabo unha actividade anual á que lle chamamos as "verbas do camiño" e o "xoves galego"co obxectivo de poñer en valor a nosa lingua, potenciar a creatividade do alumnado e o traballo en familia. Foron moitísimas as palabras que nos chegaron ás aulas, verbas en desuso, con sonoridade, que lles gustaban ou lles escoitaban aos avós...  

   Quixemos conmemorar a semana das Letras Galegas, poñéndolle un broche final a esta actividade e inundar o noso patio de "letras galegas" pintando nas gradas as verbas do camiño. Primeiro picamos nas aulas as plantillas das palabras e despois os máis maiores encargáronse de pintalas no exterior. 




    
   Ao mesmo tempo, propuxémoslle aos comerciantes de Burela si nos deixaban poñer unha verba nos seus escaparates e aceptaron encantados. Deste xeito, e a través dun código QR, calquer persoa que sinta curiosidade poderá acceder ao noso muro das "verbas do camiño" ao mesmo tempo que entra a mercar algo na tenda. 

   Esta é a montaxe do proceso e o resultado final da nosa Semana das Letras

 

   Tamén, na segunda semana de xuño, logramos facer a actividade de padriños e madriñas por fin!!! con recitados, lecturas, dramatizacións...