Páginas

24 abr 2021

ABRIL, MES DO LIBRO: RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 


   Como sempre, Libruxa preparou unhas recomendacións lectoras para este mes tan literario. Nesta ocasión tivo uns axudantes moi especiais, algúns nenos e nenas do cole. Aquí tedes as súas propostas, entre as que podedes atopar narrativa, poesía, libros de consulta, con pictogramas, cómics...: 

18 abr 2021

CHEGANDO AO REMATE DO NOSO CAMIÑO: BURELEO 2021

 


      Coa chegada do 3º trimestre, estamos chegando ao remate do noso PDI "Xacobeo-Bureleo 2021". Si ata o de agora coñecimos que é o Xacobeo, as rutas Xacobeas, os diferentes países dende os que poden saír os peregrinos e as diferentes rutas do Camiño, os símbolos e o seu significado.....só nos quedaba planificar a nosa particular ruta do Camiño, a cal decidimos chamar "Bureleo 2021", unha ruta por Burela para a que contamos coa colaboración do Concello e das monitoras de GAIA, que nos acompañarán ao longo da mesma. 

     Para comezar, colocamos nas entradas dos dous edificios un mapa do noso concello sinalando os lugares máis coñecidos para o noso alumnado. Despois, partindo dunha ruta circular xa existente, creamos a nosa propia con algún tramo novo que queremos acondicionar para que se convirta en parte da ruta orixinal. 

      O seguinte paso foi asignar a cada clase un tramo desa ruta: 


   Como podedes ver, neste documento que se lle entregou a cada titor/a tamén aparecen os puntos de interese do tramo que lles tocou facer, xunto co día no que farán a ruta co seus alumn@s. Por mor da emerxencia sanitaria que estamos a vivir e como parte do protocolo Covid, non coincidirán as clases nos mesmos puntos da ruta, polo que no mesmo día sairá unha clase cara a unha zona do Camiño, e outra dirixirase ao lado oposto da ruta. 
 
   Esta actividade tamén ten a súa parte de investigación previa, xa que cada clase irá coñecendo o seu tramo traballando os puntos de interese ou onde está situada no mapa...para despois de saír a camiñar completar a actividade cun produto final que será a "Guía do Bureleo" con fotos e audios explicativos gravados pol@s nen@s e códigos QR que se engadirán ao comezo de cada tramo: 

BURELEO21 by Nazareth

XEOGRAFÍAS LECTORAS: "BOOK-TOUR DO CAMIÑO"

 














      Unha cita sinalada no calendario onde disfrutar da literatura dunha maneira distinta. Unha oportunidade de coñecer novos autores, regalar literatura...Unha invitación a achegar aos máis pequenos ao mundo das letras dun xeito especial.  

     Deste xeito, durante todo o mes de abril, o noso alumnado está coñecendo, lendo e investigando sobre un libro especial ou moi coñecido do país do Camiño que teñen asignado dende principio de curso e o día 23 colgaremos as 3 pistas nas árbores do cole para comezar o noso particular book-tour, onde cada clase terá que adiviñar o título dos libros que @s nos@s compañeir@s estiveron lendo. Cantos adiviñaremos? Coñecerémolos todos? Picaranos a curiosidade para ler algúns deles? Xa iremos vendo....

     Para facer este percorrido polas xeografías lectoras do Camiño, Libruxa entregou nos buzóns a explicación da actividade que inclúe ademáis a árbore do cole asignada a cada clase onde teremos que colgar as pistas e a plantilla para ir cubrindo segundo vaiamos adiviñando os libros:   

Día Do Libro 2021 by Nazareth

   Despois de moito pensar como poderiamos colgar as pistas nas árbores, primeiro ocurriusenos facelas nun formato "folla" e plastificalas para que colgaran das ramas, pero como tamén estamos inmersos no Proxecto Europeo "Friends for our Planet!" sobre a enerxía, o coidado do medio ambiente, contaminación e reciclaxe... non nos pareceu a maneira máis axeitada, polo que decidimos reusar botellas de auga e colocar as pistas dentro de maneira que se puidesen ver sen ter que abrir a botella e sacar o papel (protocolo Covid).  

   shhhhhh! non llo digades a niguén...aquí están as solucións do book-tour do Camiño: 

Aquí podedes ver o vídeo co resumo da actividade, colgando as pistas e despois cada curso facendo o seu book-tour polas distintas árbores do cole e sumerxíndose na súa viaxe literaria polas distintas xeografías do Camiño:

10 abr 2021

AS VERBAS DO CAMIÑO: MARZO

 

  Seguimos o noso camiño a Compostela aprendendo novas verbas case olvidadas...

CORREVERSOS DO CAMIÑO


   Libruxa para estes días amósanos unha recomendacións poéticas moi interesantes, algunhas clásicas e outras actuais: 



  Para conmemorar o Día Mundial da Poesía propónse a creación dun poema orixinal sobre todo o que levamos aprendido sobre o Camiño nun correversos que comezará na clase de 3 anos A e irá pasando de clase en clase, día a día, ata chegar a 6ºB. 
  Para poder levala a cabo temos que comezar xa o 1 de marzo e cada clase escribirá os seus versos nunha wiki na aula virtual para que o poema vaia chegando a todos de forma automática. 
  Ademais, cada nivel escribirá e ilustrará a súa estrofa nunha cartulina para facer unha montaxe virtual e tamén unha pequena exposición nas entradas do cole.  

Mes da poesía by Nazareth

   Para darnos ideas, Libruxa atopou entre os seus libros de poesía estes poemas musicados que nos poden axudar: 

  - "Peregrino a compostela" do libro-CD Lingua guapa


 - "Caminiño" de Magín Blanco, Camiños



- "Dende aquí vexo un camiño" de Rosalía de Castro

dende aquí vexo un camiño-r... by Nazareth

   Así quedou o noso poema no mes do correversos poético: 


  Por fin, o noso profe de música lle puxo música e voz, con axuda dalgúns/has nen@s ao poema do Camiño e puidemos gravar os vídeos para acompañalo. En xuño presentamos a montaxe do noso correversos: 

O XACOBEO NA PRENSA ESCRITA E ONLINE


   A "Semana da Prensa na Escola" é unha conmemoración que aparece no calendario escolar dende 1989 co fin de integrar os medios de comunicación na aula. 

  Nesta ocasión dividimos esta actividade en dúas partes: 

Semana Da Prensa by Nazareth

   Algunhas noticias virtuais sobre o Xacobeo 2021: 

- Galicia ilumina o Camiño

- El Camino se ilumina de azul y amarillo

- Xacobeo 2021

- El Plan Xacobeo...

- Compendio de noticias Xunta de Galicia




    Tamén houbo algún que outro "taller de prensa" na biblio onde os alumnos de 5º de Primaria prepararon unha entrevista á raíña Isabel que acaba de chegar a Santiago despois de facer o Camiño:
 
    

      @s peques de 4 anos elaboraron un "Noticieiro dende o Vista" moi especial:

 

    Xa no terceiro trimestre, despois de facer o seu tramo do Bureleo, os nenos e nenas de 4º de Primaria elaboraron tamén as súas noticias sobre esta experiencia: 






A MULLER, FACENDO CAMIÑO

 

 

    Para conmemorar o Día da Muller, estivemos investigando sobre unha muller que fixo camiño no país que temos asignado e polos seus logros é de sobra coñecida. Co resultado desta investigación crearemos un museo virtual sobre mulleres pioneiras que conseguiron cambiar e mover conciencias, educar en e entender a igualdade, crear e compartir os seus logros, gozar e vivir a súa vida...

   Estades tod@s invitad@s. Benvidos á exposición FACENDO CAMIÑO!


AS VERBAS DO CAMIÑO: FEBREIRO


   Si Galicia ilumina o Camiño, nós seguimos dando luz ás palabras olvidadas da nosa lingua....

ROSALÍA: OUTRAS MIRADAS, OUTROS CAMIÑOS....

 

   Libruxa proponvos nesta ocasión acercarvos á figura de Rosalía a través de dúas actividades, unha delas para infantil, 1º e 2º e outra, un pouquiño máis complicada, para 3º, 4º, 5º e 6º: 

Día de Rosalía 2021 by Nazareth

    Tamén vos deixa as plantillas para que podades realizalas: 


ROSALÍA 21 by Nazareth

  Libruxa espera que desfrutedes da poesía desta grande escritora galega e espera con impaciencia os vosos traballiños: 


O CADERNO DO CAMIÑO 2020-2021: CONSELLOS PARA O CAMIÑO

  Ainda nos queda moito camiño por percorrer, pero aproveitamos este momento para amosarvos a modo de caderno de bitácora a nosa peregrinaxe no que levamos de curso: 

Algúns cursos xa elaboraron a súa lista de consellos de preparación para facer o Camiño. Non só en Infantil: 

se non tamén de Primaria:

 

XACOBEO-BURELEO 2021: PRESENTACIÓN DOS PAÍSES DO CAMIÑO


    Como ben sabedes, ao longo do primeiro trimestre os nosos particulares peregrinos iniciaron a súa ruta xacobea investigando sobre o país asignado do Camiño como parte do noso PDI. Agora presentamos o resultado desas investigacións e así poder continuar o noso Camiño: 

ENTROIDO 2021


 É tempo de entroido, como dí o libro, pero novamente non é tempo de desfile todos xuntos, de que nos visisten as familias na degustación de doces típicos, de que o meco nos deixe as súas rimas para rirnos un pouco cos disfraces que nos manda poñer....Coma todo este curso, as celebracións tiveron que cambiar un pouquiño, pero non por iso deixamos de divertirnos. 

Entroido by Nazareth

   Decoraremos as nosas mascotas peregrinas, moi carnavaleiras, viremos disfrazados o venres e degustaremos nas clases os doces típoicos desta época. 




AS VERBAS DO CAMIÑO: XANEIRO


 Aquí vos deixamos as verbas de xaneiro, para que poidades recordar novas palabriñas: 

SCRABBLE DA PAZ

 



  Seguimos co noso particular Camiño, nesta ocasión polas verbas sobre a paz. Á volta das vacacións de Nadal todas as clases fixemos un braimstorming para recopilar palabras relacionadas con este tema e así poder crear o noso scrabble compostelano e xogar. Antes, ao longo da primeira semana e coa axuda do expositor temático sobre a paz, as diferentes clases puideron ler libros sobre esta temática. 

  Libruxa deixou nos buzóns das diferentes titorías a habitual carta informativa: 

Dia da Paz 2021 by Nazareth

  Entregáronse unha cunchas nas que tivemos que pegar as letras da palabra asignada para despois por cursos ir completando en formato mural o scrabble compostelano ao longo da semana previa. Despois colgarase no corredor do cole. 



  Finalmente, ese día o scrabble podémolo facer na clase ben en formato papel: 

Scrabble Da Paz by Nazareth

ou ben de xeito interactivo (clicar SCRABBLE DA PAZ INTERACTIVO). Para facelo máis accesible a todo o alumnado do cole, gravamos audios coas definicións das palabras feitas polos nen@s de xeito espontáneo, coas súas propias palabras. 

  Animavosvos a que completes o scrabble interactivo clicando á esquerda da presentación, sobre a pomba negra e a que visualicedes a actividade: 


AS VERBAS DO CAMIÑO: DECEMBRO

 



No cole, seguimos recopilando esas fermosas palabras galegas en desuso, que xa non se escoitan tanto...pero que tanto nos gustaría que se fosen recuperando. 

CHEGOU O NADAL



   E xa estamos chegando ao Nadal, que este curso será un pouco diferente xa que non podemos facer moitas das actividades que faciamos outros anos como a decoración do belén relacionado co proxecto de centro, a visita dos Reis Magos...

   Como sempre, o expositor temático non pode faltar para que podan levar ás aulas e desfrutar de lecturas navideñas:  

     Dende a biblioteca, Libruxa organizou, coa axuda de Daniella, a nosa auxiliar de conversa, os "Christmas storytelling" en inglés xa que é unha actividade que lles encanta a tod@s: 






    Ainda así quixemos tamén facer unha felicitación de nadal virtual para compartir este momento con toda a comunidade educativa. Para iso empregamos as portas coas mascotas peregrinas dos distintos países do Camiño e do Proxecto Europeo e compuxemos unha fermosa árbore de Nadal con dedicatorias especiais: