Páginas

20 abr 2019

SAMAÍN E O MEDO



  Chega novembro, e Libruxa prepárase para un dos seus momentos favoritos, o mes do medo. Engalánase coas súas mellores vestimentas, encende a súa lareira para non ter frío e convida aos nen@s a traer montóns de cabazas terroríficas para decorar o noso monte: 




  Nos buzóns de Libruxa das aulas aparece a carta do mes do medo: 
     




   Ademáis prepara o expositor con lecturas relacionadas con esta temática, para que todos podan ler libros sobre bruxas, misterios, monstros, medos... 




















             CONTACONTOS: "OS CONTOS DA FRAGA"
 
  O alumnado de 6º de primaria propúxonos unhas sesións de contacontos na biblioteca aos nen@s de 1º e 2º xa que non facía moito acababan de chegar dunha excursión ás Fragas do Eume, e nos encantados destas iniciativas tan fermosas interniveis. Esta visita déulles pé a escribir unha serie de contos moi suxerentes para esta época, cheos de todos os elementos típicos dos contos de medo....




















Esperemos que estes contos queden recollidos nun pequeno libro para a biblioteca e se poidan ler e compartir noutros momentos.

   Tamén se fixeron obradoiros de comida terrorífica. Elaboraron unhas arañas con madalenas, regalicia e crema de cacao, que degustaron despois no patio ao ritmo da música:

http://play.smilebox.com/SpreadMoreHappy/4e4459314f546b304f544d3d0d0a?title=Sama%C3%ADn+2018&image=4e4459314f546b304f544d3d0d0a.jpg


   Como parte do noso proxecto sobre o monte, o equipo de biblioteca propuxo unha actividade para coñecer mellor a unha figura que da moooooito meeeeeedoooooooo!!!! 
O LOBO!!!

     Comezamos presentando o novo ecobanderín do mes, sobre este animal: 

   




    Despois investigamos sobre o lobo, decidimos enfocalo dende dúas perspectivas distintas, o lobo como animal do monte, a través do libros de consulta, na área de ciencias, e o lobo como personaxe literario e as diferenzas que hai entre os contos clásicos e a literatura infantil moderna, nas áreas de linguas e na hora de ler:


o lobo by on Scribd



 Ademáis dos contos clásicos, limos nas sesións de biblioteca:

Resultado de imagen de caperucita de colores      Resultado de imagen de feliz feroz o lobiño riquiño Resultado de imagen de el lobo y caperucita la historia jamas contada   Resultado de imagen de un lobo hambriento parramon  Este último, un conto de realidade aumentada, que lles encantou.


  Coma todos os anos, o equipo de biblioteca preparou unha guía de lecturas para esta época de medo: 

samaín by on Scribd


     A celebración do Samaín e o mes do medo, coincide no cole tamén coa celebración do Magosto, un día que facemos un pouco diferente. Asamos castañas no patio e despois probámolas. Os nen@s de infantil participaron en varios obradoiros, mentres que os de primaria divertíronse con xogos tradicionais. De seguido tedes un vídeo que o amosa...



    Un deses obradoiros para os máis pequeniños, é o habitual contacontos na biblio da profe Dolo: