O galardón concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado, editada en España durante o pasado ano 2016.
Dende este pequeno rinconciño de A Mariña, onde o mar tamén é protagonista, e da biblioteca de Libruxa queremos darlle a noraboa a Antonio García Teijeiro polo merecido recoñecemento non só a esta fermosa obra poética, senón a toda a súa labor como poeta, narrador, crítico e especialista en literatura infantil e xuvenil.
A nosa pequena homenaxe a este autor é crear un recantiño na nosa biblioteca adicado a "Poemar o mar", con esta obra no atril de Libruxa para que os nen@s a vaian lendo, e un mural que se irá enchendo con debuxos, palabras, ou tamén versos, que os poemas lles vaian suxerindo na súa imaxinación ou con datos da biografía do autor que lles chamen a atención, tamén con poemas doutras das súas obras...
Dentro de pouxo veredes o resultado.
A pequena homenaxe do alumnado de 2º A foi escoller un poema seu para recitar no festival de Nadal e facer o caligrama navideño.
A pequena homenaxe do alumnado de 2º A foi escoller un poema seu para recitar no festival de Nadal e facer o caligrama navideño.