Un ano máis, e xa van 6, aínda que para nós foi o primeiro, a exposición da Microrrede A Mariña de Bibliotecas Escolares chegou ao seu fin. A tarde do xoves día 11 tiveron lugar as actividades do acto de clausura na Praza Maior de Viveiro. A xornada puxo fin a catro intensos días de exposición e outras actividades dinamizadoras que pretenden non só fomentar a presenza da lingua e literatura galega entre o noso alumnado e da lectura en familia, senón tamén estreitar lazos entre todos os membros da comunidade educativa.
As Bibliotecas Escolares pretenden ser moito máis que un lugar para ler libros. E ese é o punto de inflexión deste proxecto e de todas e todos aqueles que formamos parte do mesmo e entendemos a Biblioteca Escolar como un lugar de cambio cara a alfabetización dos nosos nen@s para unha realidade cada vez máis cambiante e na que cada vez máis se necesita iniciativa, creatividade, adaptación e traballo en equipo. Cada vez é máis visible que aprender non é cousa dun periódo determinado da nosa vida, senón que é un horizonte sen límites e nós, xunto coas familias, somos os encargados de ofrecerlles aos nenos e nenas as ferramentas indispensables que lles permitan facer fronte a esta realidade. E con esta idea nas nosas cabezas cerramos as portas por este ano, e collemos folgos para o curso que ven.
Un proverbio hindú recórdanos: "o libro que está aberto é un cerebro que fala, o pechado un amigo que te espera, o olvidado unha alma que perdoa e os destruídos, corazóns que choran."
As actividades dinamizadoras que se levaron a cabo ao longo deste días tiveron a arte musical como telón de fondo, ben coa actuación de "Brinca Vai", o mércores día 10 no Teatro Pastor Díaz,
como coas actuacións do coro formado polos máis pequenos o día da inauguración e dos maiores na clausura, homenaxeando a Maruja Mallo, á musica tradicional, a Bob Dylan e a Eduardo Pondal.