Este venres 26 de maio imos todo o cole á Casa da Cultura do Concello para ver unha representación teatral dunha adaptación da obra "Alicia en el País de la Maravillas", a cargo de Saga Producciones.
Ademáis de ver fai dúas semanas outra adaptación da mesma obra de Lewis Carroll, durante estes días estivemos lendo na biblioteca diferentes versións adaptadas para público infantil de Alicia . Así coñecen ao coello branco e a súa madrigueira, o gato de Cheshire, a lebre de marzo, o Sombrerero, a raíña de corazóns, a eiruga xigante e moitos máis personaxes que aparecen nesta fantátisca aventura.
Así vai o noso muro literario coas imaxes dos autores deste ano, Gloria Fuertes e Carlos Casares.
Na semana das Letras Galegas xa vai tomando color. Os titores e os nenos vanse animando ainda que estes días o tempo non acompaña moito. Ao longo desta semana foron algunhas das clases de 3 anos de infantil, 1º e 2º de primaria.
Como parte fundamental do noso proxecto sobre o teatro, seguimos amosando aos nenos e nenas do cole o mundo teatral a través de diversas representacións programadas para este mes de maio. Así imos entrando en materia de cara ás nosas propias produccións para o curso que ven.
Así, o pasado martes 16 de maio o alumnado de primaria dos coles de Burela, o CEIP Vista Alegre e o CEIP Virxe do Carmen, fumos á Casa da Cultura do Concello para ver, unha vez máis, unha representación teatral a cargo da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña, dirixidos pola monitora de teatro, Alba Rubal.
Con iniciativas deste tipo tentamos amosar o noso apoio e participar na campaña de sensibilización sobre a saúde mental e loitar contra o estigma asociado ás enfermidades mentais, tal e como sinalou no seu discurso de presentación a directora María José Novoa, tratando de amosar a faciana máis normalizadora e integradora das persoas con enfermidades mentais.
Representan a obra "a marabillosa mente de Alicia", unha adaptación teatral da obra literaria "Alicia en el país de las maravillas", onde unha nena entra nun mundo subterráneo de increíbles aventuras e personaxes extravagantes. Tanto os decorados como o vestiario, así como a escenografía e construcción das personaxes foi un traballo colaborativo dos usuarios desta asociación.
Foi unha obra moi divertida, chea de maxia e personaxes sorprendentes, na que os nenos pasaron unha mañá moi entretida.
Un ano máis levamos a cabo unha actividade que lles encanta os nenos e nenas do cole, sobre todo aos máis pequenos porque ven como os maiores están facéndolles compaña, e o máis importante, léndolles un libro. Cada alumno/a de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria apadriña a un neno/a máis pequeno/a (3 anos, 4 anos, 5 anos, 1º ou 2º de Primaria) para contarlle un conto no patio ou nas distintas zonas verdes do cole.
O pasado luns día 15 celebramos de forma anticipada o día das Letras Galegas con esta actividale xa que ao día seguinte o alumnado de 5º e 6º marchaban para Bélxica. Os padriños e madriñas foron buscar aos seus afillados/as ás aulas, que os esperaban todos ilusionados, e leváronos ao patio para lerlles o conto que a semana anterior foran elexir á biblioteca e prepararon para eles.
Ademais, padriños, madriñas e afillados/as intercambiaron un agasallo moi especial: un marcapáxinas feito por eles mesmos.
Daba gusto ver todo a pista e as zonas verdes cheas de nenos e nenas léndolle aos máis pequenos/as. Aquí vos deixamos un vídeo con algunhas fotos que sacamos ese día.
Falabamos fai uns días de que abril e maio eran uns meses moi literarios.
Temos varias actividades programadas que ainda están en marcha, como a exposición no cole de "titereteando contos" ou a do "muro literario" cos graffitis de Gloria Fuertes e Carlos Casares para conmemorar a semana do libro e as Letras Galegas.
Por suposto, non nos olvidamos do noso proxecto central, o teatro, que agora rematando o curso volve a acadar protagonismo con diferentes representacións teatrais, ben pola visita ao Concello de diferentes compañías, ben pola presentación dalgunhas obras que os nosos nenos e nenas estiveron preparando ao longo do curso e que se representarán no mes de xuño.
Pero vaiamos pouco a pouco, xa que antes de representar temos primeiro que observar e convertirnos en espectadores para coñecer todo o que se esconde detrais das bambalinas, tal e como estaba previsto nesta primeira parte do proxecto para este curso 2016-17: "Xogamos co teatro".
Neta liña, este xoves día 11 de maio, os alumn@s de 3ª, 4º, 5º e 6º visitaron o teatro da Casa da Cultura do Concello para ver a representación en inglés de "Robin Hood" a cargo da compañía Face to Face Theatre Company (Teatro Interactivo en Inglés) e que previamente estiveron preparando nas aulas.
Así se presenta esta obra:
3rd grade, primary - 6th grade, primary. ROBIN HOOD
"Robin Hood" is the legend of a heroic outlaw and his band of theives, the evil Sheriff of Nottingham, and a damsel in distress. The Sheriff of Nottingham , a greedy and grumpy man, has been taxing his people to starvation. Robin, with the help of his band of Merry Men, use humor, music, and participation to bring the poor people of Nottingham the help they have been waiting for. Follow Robin Hood through the town of Nottingham as he seeks justice for the poor and humor for the grumpy in Face2Face's latest comic adventure.
Un ano máis, e xa van 6, aínda que para nós foi o primeiro, a exposición da Microrrede A Mariña de Bibliotecas Escolares chegou ao seu fin. A tarde do xoves día 11 tiveron lugar as actividades do acto de clausura na Praza Maior de Viveiro. A xornada puxo fin a catro intensos días de exposición e outras actividades dinamizadoras que pretenden non só fomentar a presenza da lingua e literatura galega entre o noso alumnado e da lectura en familia, senón tamén estreitar lazos entre todos os membros da comunidade educativa.
As Bibliotecas Escolares pretenden ser moito máis que un lugar para ler libros. E ese é o punto de inflexión deste proxecto e de todas e todos aqueles que formamos parte do mesmo e entendemos a Biblioteca Escolar como un lugar de cambio cara a alfabetización dos nosos nen@s para unha realidade cada vez máis cambiante e na que cada vez máis se necesita iniciativa, creatividade, adaptación e traballo en equipo. Cada vez é máis visible que aprender non é cousa dun periódo determinado da nosa vida, senón que é un horizonte sen límites e nós, xunto coas familias, somos os encargados de ofrecerlles aos nenos e nenas as ferramentas indispensables que lles permitan facer fronte a esta realidade. E con esta idea nas nosas cabezas cerramos as portas por este ano, e collemos folgos para o curso que ven.
Un proverbio hindú recórdanos: "o libro que está aberto é un cerebro que fala, o pechado un amigo que te espera, o olvidado unha alma que perdoa e os destruídos, corazóns que choran."
As actividades dinamizadoras que se levaron a cabo ao longo deste días tiveron a arte musical como telón de fondo, ben coa actuación de "Brinca Vai", o mércores día 10 no Teatro Pastor Díaz,
como coas actuacións do coro formado polos máis pequenos o día da inauguración e dos maiores na clausura, homenaxeando a Maruja Mallo, á musica tradicional, a Bob Dylan e a Eduardo Pondal.
Por fin chegou o luns 8, o día da ignauguración, e os nervios tamén fan acto de presencia. Ao final todo saiu moi ben. Tivo lugar fóra na praza de Pastor Díaz e contamos con moita afluencia de público, xa que o tempo foi propicio e tamén había unha actividade moi especial: a actuación dun coro formado por nenos e nenas de infantil, 1º e 2º cursos dalgúns dos centros participantes. Interpretaron a canción tradicional "Catro vellos mariñeiros" e unhas regueifas homenaxe a Maruja Mallo, a quen lle concederon recentemente a medalla de Belas Artes, compostas pola profe de música da EEI San Roque.
No día de hoxe, a prensa da zona tamén se fixo eco deste acto:
As nosas propostas para a exposición deste curso xa levan expostas uns días nos centros para que a comunidade educativa poida ver os fermosos traballos feitos polo alumnado e as familias.
Este venres foi o momento de preparar a montaxe na exposición en Viveiro. Levamos unha selección de títeres e así foi como quedou o noso traballo na sala de usos múltiples do Concello de Viveiro. Alí estarán para quen queira visitar a mostra dende o luns 8 ata o xoves 11 de maio:
Rematou o tempo das xuntanzas, da toma de decisións, das exposicións nos centros, que xa levan uns días, e chegou o momento final, o momento de abrir as portas a esta exposición e amosarvos o resultado do traballo conseguido, da ilusión e do esforzo, e aquí hai que facer unha mención moi especial aos nenos e nenas dos nosos centros e ás súas familias, xa que sin eles esta actividade non tería sentido e, de verdade, cada ano nos sorprenden máis.
O tema era moi amplo e iso deu pé a que as diferentes “artes” estivesen presentes e repartidas polos distintos centros a través de diferentes propostas artístico-literarias: “Arte de Sargadelos e a literatura nas Edicións do Castro”; a pintura, nunha homenaxe a Maruja Mallo ou ben co impresionismo; Mosaicos sobre a poesía mariñana de Xoán Neira; música tradicional; arquitectura popular; Viveiro monumental; a fotografía de faros, e tamén a fotografía interpretativa da literatura mariñana actual; o teatro, con “titeriteando contos”; retratos-caricaturas de persoeiros mariñanos das artes e das letras; “infancias de cine”…Como vedes, hai para todos os gustos, porque a arte é iso, unha cuestión de gustos.
Estas son algunhas das propostas do resto dos centros participantes. A verdade é que cada ano hai máis nivel e orixinalidade:
Vídeo da montaxe da exposición que aparece no blog da microrrede: