Páginas

25 mar 2017

NO DÍA DE ROSALÍA FACEMOS POESÍA








Entidades culturais, museos, institucións e centros educativos de toda Galicia celebraron o 24 de Febreiro o Día de Rosalía con diferentes actividades e actos que a recordaron como muller e como escritora.
     Este curso, como esta data coincidiu coa celebración do Entroido nos coles, Libruxa propúxonos tres actividades para recordar a súa figura e acercar a súa poesía aos nenos e nenas do cole e nas cales nos meteremos de cheo á volta das vacacións e remataremos coincidindo co día da poesía o día 21 de marzo.  
      Unha destas actividades leva por nome "As nosas Rosalías" e consiste en facer diferentes collages cunha mesma imaxe da escritora. Este foi o resultado.


Outra proposta chamouse "Unha poesía para Rosalía", na que tratamos de facer un correversos por todos os niveis do cole e elaborar entre todos un poema para Rosalía. 




        A derradeira actividade "Recitamos a Rosalia", constistiu en facer un recitado dalgúns dos seus poemas na biblioteca. Para isto cada curso elixiu un poema ou un fragmento dun poema para lelo, coñecelo, sentilo e recitalo primeiro nas aulas, motivando ao alumando e titores  a xogar con eles e buscar as súas posibilidades expresivas e creativas. Rematamos a semana do 21 de marzo como homenaxe á poesía cun recitado de Rosalía na biblioteca.