Páginas

27 abr 2015

VISITA A NOSA BIBLIOTECA, O CREADOR DOS BOLECHAS: PEPE CARREIRO

O pasado luns 27 de abril, recibimos unha visita moi especial no cole. 
Veu Pepe Carreiro, o creador de "Os Bolechas".
Desde fai tempo encántanos ollar, ler e que nos lean as aventuras de Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia, Tatá e o seu can, Chispa.
Pepe Carreiro amosounos o ben que debuxa. Debuxounos un montón de animais pero o que máis ilusión nos fixo foi ver como debuxaba a Chispa!
Disfrutamos un montón nenos, profes e tamén Libruxa.