Páginas

4 oct 2014

MOCHILAS VIAXEIRAS 2014


Un ano máis comeza a viaxe das MOCHILAS VIAXEIRAS que tan boa acollida teñen entre as familias do noso alumnado. Trátase de disfrutar lendo xuntos, buscando ese momento íntimo e tranquilo no que poidamos compartir, soñar, imaxinar.... Cando abrimos un libro, abrimos unha fiestra ao mundo, a moitos mundos, porque grazas a ese libro temos nas nosas mans a ocasión de viaxar, de ver, de coñecer, de aprender, de comprender outras vidas,....

Durante a infancia, a familia é o principal referente en todos os ámbitos polo que debe selo tamén no exercicio da lectura.

Esta "Mochila Viaxeira" é un convite para gozar dos libros en compañía, compartindo con todos vós os sentimentos e as sensacións que vos producen as lecturas que vos propoñemos.
Esperamos a vosa colaboración, convencidos de que co voso esforzo lograremos achegar aos vosos fillos ao mundo da lectura, á mellora da comprensión lectora, o cal incidirá moi positivamente na súa educación.

                     Ánimo, Boas Lecturas e Grazas a todos!