Desde a biblioteca do cole, propúxose traballar durante marzo a poesía, por iso, os nenos e nenas de tres anos decidimos traballar as adiviñas.
Unha vez escollidas as adiviñas e coa colaboración das familias, fomos aprendéndoas e elaboramos un libro. Despois de varios ensaios... Xa estabamos preparados para ir recitarllas aos nenos e nenas de 5º.
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo que resume a experiencia: