O venres 25 achegámonos á ciencia da man da investigadora ÁNGELA VÁZQUEZ ÁLVAREZ que estivo na biblioteca para explicarnos cousas do seu traballo.
Contounos que desde pequena lle gustaba a natureza e que tamén era moi curiosa. Cando rematou o bacharalato no IES Politécnico de Lugo estudou na Universidade de Compostela a carreira de Inxeñería Industrial e hoxe está traballando no departamento de Agroforestal, investigando como aproveitar a forza do mar para obter enerxía.
Díxonos que a curiosidade, a creatividade e traballar en equipo son cualidades indispensables para unha investigadora ou investigador. E unha das cousas que máis lle gusta do seu traballo é poder descubrir cousas que melloren a vida das persoas e contribúan á conservación do noso planeta.
Chamounos moito a atención un video no que varias persoas fan esculturas partindo dunha pastilla de xabón e chegamos á conclusión que
CADA PERSOA PODE VER NUNHA COUSA DIFERENTES POSIBILIDADES