Páginas

22 abr 2017

ABRIL E MAIO: MESES MOI LITERARIOS

Semana do libro: entre animacións literarias e graffitis 





 

   Para conmemorar o Día Mundial do Libro, A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita este marcapáxinas cun texo orixinal da autora galega Rosalía Fernández Rial, que agasalla co seu poema sobre a lectura ás Bibliotecas Escolares. 


   Nós tamén nos facemos partícipes desta celebración e esta semana Libruxa invitou  á nosa biblioteca a dous autores dos que eleximos as súas obras como lectura ao longo deste mes: 


ANIMACIÓNS LECTORAS

- O día 24 de abril  visítanos Ana Expósito que ven a falar da súa obra O dente de Clara  aos nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria.    
   Ana Expósito é unha periodista galega que leva moitos anos traballando na TVG como reporteira. É a única periodista española que ten o Premio Internacional de Periodismo Actual á mellor reportaxe televisivo realizada en situación de risco polo traballo "lento regreso a casa", sobre a guerra en Zaire.    Aínda que nesta ocasión vennos a falar da súa faceta literaria con O dente de Clara, unha obra que mestura unha personaxe tradicional como é o Ratiño Pérez nun conto moderno onde aos protagonistas lles suceden complicadas aventuras. 




  
- O día 28 os nenos e nenas de infantil e 1º e 2º esperan ao contacontos e escritor Iago López, autor do libro O cociñeiro Martiño, un texto co recendo tradicional dos doces das nosas avoas, no que Martiño quere convertirse no cociñeiro real facendo o mellor biscoito, pero para iso ten que conseguir todos os ingredientes que precisa, e non é tarea fácil...



  Iago López é mestre de infantil e contacontos. Tamén se adica no seu tempo libre ao mundo do teatro como actor e director. Como escritor de literatura infantil estréase con este álbum ilustrado, publicado por Xerais no 2016.

   Que coincidencia que, sin sabelo aínda os nenos, algúns trouxeron como títere para a exposición de "titeriteando contos" que comezou a semana pasada, ao personaxe principal desta historia. Esperemos que ao autor lle faga ilusión ver ao cociñeriro Martiño convertido nun monicreque. Quizais elixa algún para axudalo na súa animación lectora. Quen sabe....





   Xa vos contaremos como resultou.....







GRAFFITIS: "UN MURO LITERARIO"




   Queremos encher da cor e imaxinación que hai nos libros os muros do noso cole e por iso dende o equipo da biblioteca pensamos en iniciar este curso  "UN MURO LITERARIO"  coa esperanza de que cada ano medre un pouquiño máis.
    Como ben sabedes, neste trimestre vanse a suceder dúas conmemoracións moi importantes para nós: o Día do Libro e as Letras Galegas e gustaríanos englobalas nunha mesma actividade. A mellor forma de comezar o noso muro é adicándollo a Gloria Fuertes, polo ano do seu centenario, e Carlos Casares, como autor ao que se lle adican as Letras Galegas 2017. Ambos os dous escritores tiveron e teñen unha gran relevancia na literatura infantil e xuvenil. Quen non coñece a Don Guindongui, Doña Pito Piturra, el hada acaramelada, la oca loca, mosca y mosquito, la bruja burbuja... ou  A galiña azul, Leoncio e a súa bomba da felicidade, As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, Toribio...


     Esta actividade que se fará extensible dende a semana do Día do libro ata o Día das Letras Galegas, consta entón de dúas partes: 
1.- Achegamento a estes dous autores a través da lectura das súas obras que cada clase ou nivel  xa foi elixindo entre a bibliografía que se atopa seleccionada no expositor da biblioteca. 

2.- "Os muros falan" : a parte plástico-visual onde empregaremos o estilo graffiti como técnica na que os nen@s son os protagonistas e dan renda solta á súa creatividade plasmando de maneira artística os contos ou poemas que antes leron e traballaron na aula. 
    Xunto coa caricatura dos dous escritores, poderán tamén pintar ou escribir sobre algún elemento, obxecto ou personaxe típico da súa obra, deste xeito, expresarán a través do graffiti as conclusións e reflexións sobre o traballo realizado nas semanas anteriores. 
  A partir desta semana, cando vexades as caricaturas no muro xa podemos comezar a GRAFFITEAR!!!!!!





















   Esta actividade ten tamén o propósito de recoñecemento do graffiti como medio estético para expresar ideas e sentimentos sobre algo, neste caso literatura, ao mesmo temlpo que facer reflexionar e concienciar ao alumnado sobre o uso do graffiti e as pintadas nas paredes como algo cunha intención comunicativa positiva.
     Así comeza o noso muro literario: