Páginas

8 may 2024

E MENTRAS...OS REINOS QUE VAN FACENDO?

 








    Os reinos de infantil seguen cos seus pequenos proxectos: alimentación saudable, as tartarugas, os piratas...

   Alumnado de 3 anos experimentando coas froitas, verduras e dando os seus primeiros pasos como pequenos chefs dentro dos seus proxectos sobre as tartarugas e a alimentación: 


   
 Degustacións de alimentos saudables nas aulas de 4 anos:


aprendendo educación viaria con diversos cirucuítos...

a alimentación a través dos sentidos..
e visitaron o mercado de Burela para mercar produtos frescos


      e tamén tiveron varias xorandas cheas de experimentos

     

     O alumnado de 5 anos estivo investigando sobre os piratas!!!

     
   @s peques de 1º Ciclo continuan coa súa investigación medieval sobre as fortalezas, os castelos, os oficios antigos....e por iso visitaron o Pazo de Tovar en Lourenza e ao canteiro en Mondoñedo.
     No pazo de Tovar ademáis de poder visitalo por dentro, tamén tivemos a oportunidade de ver unha pequena exposición de xoguetes mooooi antigos e de contar coa presenza dun experto que nos falou deles e nos ensinou que era cada un: 





    
    No taller do canteiro aprendimos moitas cousas sobre este oficio moi laboriosos e case desaparecido:
 


    O alumnado de 6º presentou ao compañeir@s as súas maquetas e pequenos experimentos sobre o universo:    


   Tamén tiveron tempo para preparar algúns debates na radio Vistalegrín: 


    Debatir de forma respetuosa non é doado, argumentar a favor ou en contra de temas controvertidos tampouco....

ANDREA MACEIRAS E A SÚA "ALMA DE ELEFANTE"

 


     A principios de marzo visitounos Andrea Maceiras para falarlles ao alumnado de 2º ciclo da súa obra "Alma de elefante", que xa estiveran lendo ao longo do trimestre. 



   Coñeceron de primeira man á autora e como foi o proceso de creación da súa obra. Andrea respondeu a todas as preguntas e firmou os exemplares d@s peques. 






PEQUENOS CONTACONTOS

 

 

   Nesta ocasión os pequenos contacontos animaron estes días co Kamishibai "Pete o Gato pasea por Burela", adaptada do libro "Pete o gato, I Love my White Shoes"


Preme na imaxe

      Adaptación a formato Kamishibai: 

Pete o Gato Pasea Por Burel... by Nazareth

    Organizamos varias sesións interniveis ao longo do mes de marzo comezando pola Escola Infantil A Galiña Azul, que disfrutaron con Pete o Gato e a máscara de gato que lles agasallamos despois. 










    Disfrutaron tamén desta animación o alumnado de infantil, 1º ciclo e 3º de Primaria.