Páginas

24 mar 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES













    Este día abrimos a biblioteca oficialmente para este curso, xa con todo máis ou menos organizado. Sempre facemos ao longo de outubro unhas sesións para que o profesorado novo coñeza o funcionamento da mesma, a súa organización, o servizo de préstamo...Ademáis vamos formando aos voluntarios para que xa dende este día vaian vindo en quendas nos recreos a facer o seu "traballiño" de axudantes de Libruxa. 



Tamén temos a primeira visita dos nen@s de 3 anos á biblio para que coñezan a Libruxa. 

    Quixemos tamén esta semana facer unha presentación sobre a "biblioteca inclusiva" para os nosos compañeir@s para que saiban o que é, que intentamos ir cambiando da nosa biblio e como podemos ir adaptando fondos e espazos para facela máis accesible a todo o alumnado, así como para informalos do material que poderíamos ir mercando co presuposto que nos enviaran: 


   Aproveitamos para presentar o cartel co lema para este curso 2019-20 e falar sobre o que lles suxire. Como somos bastantes cursos non podemos facelo só nun día, polo que aproveitamos a semana para baixar na nosa hora de biblioteca e poder facelo. Este será tamén o lema do que partamos para a exposición da Microrrede PLAMBE de Bibliotecas Escolares da Mariña. Pronto comezaremos as reunións. 

  
    Nesas horas que temos reservadas á biblioteca tamén se lles entregou aos titores unha guía con propostas de lectura do que sería unha primeira aproximación bibliográfica ao proxecto para que de maneira oficial tamén podan presentar o proxecto a todo o alumnado do centro. A nosa selección sempre ten en conta o concepto de "biblioteca inclusiva" atendendo ás necesidades dos nosos nen@s. 
    Nesta guía aparece por un lado bibliografía de consulta para curioserar, investigar e informarnos e por outro lado, libros de ficción onde podemos atopar dende contos, cómics, poesía, libros CD, de realidade virtual...


Libros Do Mar by Nazareth on Scribd

    
   Ao longo desta xornada tamén se presentou o equipo de voluntarios e lles entregamos as quendas que estarán á vista tanto na porta da biblio como no corcho do seu edificio. No funcionamento das quendas o único que cambiarían sería a supervisión d@s profes, que irían rotando por trimestres dependendo das nosas gardas de recreo: 


   Tamén demos saída ás mochilas viaxeiras que, ao longo da semana, cada titor se encargou de ir collendo da veira de Libruxa e que previamente, como todos os anos, o equipo de biblio se encargou de revisar, cambiar algún libro, engadir suxerencias....



  Do mesmo xeito, demos a coñecer á comunidade educativa as primeiras actividades do novo proxecto, polo que xa estamos en marcha!!! Para isto, Libruxa envía a súa primeira carta aos buzóns. 





  A primeira delas, sería a lectura de dous poemas que nos servirán de inspiración  e que estarán presentes no mural da entrada todo o curso: un deles popular; o outro sacado do coñecidísimo libro de Antonio García Teijeiro, Poemar o mar.



  A outra actividade, que iremos facendo cos nen@s nas clases de plástica será decorar as nosas portas cun animal mariño, real ou imaxinario. Pero non quedará ahí a cousa, xa que cada clase terá que facer unha investigación ao longo do curso sobre ese animal e crear un vídeo coas súas aprendizaxes e un código QR que estará nas nosas portas durante o terceiro trimestre para que os todo o alumnado cos seus mestres poda ir visitándoo. Ahí o deixamos á imaxinación e creatividade de cada titoría. Deste xeito, a primeiro e segundo trimestres adicaríamolo a coñecer a biodiversidade mariña. 
   Así foron quedando as nosas portas: 

NOVO PROXECTO: MIRAMOS POLO NOSO MAR

 












  Rematado o proxecto anterior "miramos polo noso monte", comezamos un novo curso e tamén comezamos un novo reto: "Mar da Mariña: de todos e para todos", conxuntamente con Voz Natura e os demáis equipos do noso cole.  Deste xeito, ao longo de dous cursos achegamos ao noso alumnado aos coñecemento e coidado dos dous elementos naturais máis importantes da nosa contorna: o monte e o mar. 
     

     O obxectivo de ambos proxectos é coñecer a diversidade de ecosistemas e especies da zona onde vivimos, así como sensibilizar da importancia da conservación da nosa biodiversidade, polo que imos ir programando un itinerario de actividades ao longo do curso, ademáis das xa fixas na nosa biblioteca, que terán como eixo central o seu entorno máis cercano, involucrándose en accións ambientais e identificando a súa biodiversidade o os periogos e problemáticas ás que esta se enfronta. Para iso a biblioteca de Libruxa será un xerador de propostas, así como un recursos bibliográfico fundamental para realizar diferentes investigacións. 


    Libruxa deixavos aquí unha organización inicial do proxecto, que pode estar suxeita a cambios de ultima hora ou actividades novas ao longo do curso e que tamén foi entregado ao resto de profesorado para ir entrando en materia en forma de libriño.  
    
 
MardaMariña by Nazareth on Scribd


      Ademáis de ir dándolle forma ao PDI, ao longo de setembro e outubro fumos decorando a entrada e os corredores dos dous edificios para ir metendo ao noso alumnado no ambiente do novo proxecto e ir creando novas expectativas e curiosidade.
      
      O primeiro que fixemos foi traer unha pequena barca real con redes e nasas que nos cedeu o concello e convertímolo nun expositor dos libros de consulta sobre o mar...







   






















 
 Despois, como xa fixéramos no anterior proxecto, decoramos as escaleiras con títulos de libros relacionados coa temática marina e creamos un banco de peixes que nos conduce ata as aulas que foron recortando os nen@s , xa que tamén queremos facer partícipes aos mesmos da decoración dos halls.  @s nen@s de infantil e 1º ciclo crearon tamén un gran pulpo para darnos a benvida todas as mañáns antes de subir ás clases.  






  O seguinte paso foi facer do noso teito un mar de ondas e aproveitar unha columna que temos na entrada e diseñar a maneira de convertila no faro de Burela: 












   Pouco a pouco @s nen@s van quedando asombrados de como vai quedando e, ao mesmo tempo, tamén é algo feito por eles. 
     
    O equipo de biblioteca tamén decidiu cambiar a porta de entrada á biblio na que Libruxa estaba nun pequeno bosque columpiándose, por unha Libruxa máis moderna e activa, convertida nunha gran buceadora en busca dos misterios do do fondo do mar: 




   Ademáis a medida que se foron mercando fondos bibliográficos decidimos ampliar os expositores para libros de consulta e de ficción relacionados co proxecto: 




  Tamén se construiron dous grandes barcos de cartón, un deles para a sección de novidades: "novidades que trae o mar" e o outro para facer un mural  con redes que sirva para expoñer diferentes actividades que se vaian propoñendo




    

   Para unha maior comodidade á hora de organizar as propostas, seguiremos colgando as actividades relacionadas directamente co PDI, sobre todo aqueles pequenos proxectos de aula, saídas e excursións...no blog de Voz Natura que creamos o curso pasado para o proxecto do monte. Cambiamos o título: 

    BLOG VOZ NATURA- MIRAMOS POLO NOSO MAR 


   



15 jun 2019

PREPARÁNDONOS PARA AS VACACIÓNS



Resultado de imagen de PREPARARSE PARA VACACIÓNESResultado de imagen de bruja vacaciónes

   Libruxa xa está preparando a súa maleta para irse descansar un pouquiño e voltar coas pilas recargadas e novas ideas e proxectos. Espera que coma ela, pasédes un bo verán e disfrutedes de moitas lecturas no campo ou na praia. 

     Antes de irse, quere deixarvos unhas pequenas recomendacións lectoras: 


Guía Verán 2019 by on Scribd


e presentarvos a revista do cole a modo de resumo do que fumos facendo ao longo do curso:

Revista Escolar: VISTALEGRÍN 2019

CLAUSURA DA EXPOSICIÓN "A POESÍA QUE SENTIMOS"


 Clausuramos outro ano máis a exposición en Viveiro cun acto entrañable e emotivo xa que, ademáis da música visual de David Catá, que nos puxo os pelos de punta e as regueifas do alumno Cristian Gómez, do IES Perdouro, a nosa compañeira María Rolle presentou de maneira moi especial o seu primeiro libro "Esta non é outra historia de piratas". 




Resultado de imagen de esta non é outra historia de piratas





 Na prensa tamén quedou reflectido este momento e as reflexións finais: 


6 jun 2019

BROCHE FINAL PARA O NOSO PROXECTO: DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE


   Para poñer o broche final ao noso proxecto anual que mellor que celebrar o 4 e 5 de xuño no cole o Día Munial do Medioambiente. 



MIREMOS POLO NOSO MONTE!!!

   Antes de comezar coas actividades os nen@s de 6º de primaria colgaron o derradeiro ecobanderín riamdo do curso, e xa fan nove, que nos serviron de eixo conductor para os nosos proxectos de aula sobre o PDI :




   Fumos facendo unha reflexión de todo o que aprendimos e traballamos ao longo do curso, botando un vistazo ao blog Voz Natura onde se foron recollendo todos os traballos e pequenos proxectos dos diferentes niveis: 

                                              
 "Miremos polo noso monte"


    Baixamos ata o hall onde se atopan os "ecobanderíns" rimados que nos foron marcando pouco a pouco o ritmo do proxecto, avanzando dende coñecer a flora e fauna dos nosos montes ata os problemas actuais e as posibles accións medioambientais positivas para a súa protección e coidado: 








  Ao mesmo tempo programamos, xunto coas monitoras da aula medioambiental do Concello, GAIA, diferentes actividades. Dende os pequeniños de infantil ata os maiores de 6º, todos participaron en talleres de manualidades con material de refugallo do monte,xogos de pasapalabra medioambiental e talleres con plantas aromáticas.