Páginas

6 jun 2019

INAUGURACIÓN "A POESÍA QUE SENTIMOS"




       Despois da montaxe das exposicións de cada centro (ver vídeo)



        xa está todo preparado para inaugurar esta 8ª edición na tarde do martes 4 de xuño, con moitas actividades: música, poesía...asistencia de autoridades e profesorado dos centros participantes. 

        Por mor da chuvia, o acto tivo lugar no Teatro Pastor Díaz e interviñeron a Asesora de BE, María Consuelo Gundín Rey; a Coordinadora dos EDLG, Pilar Teijeiro Díaz; a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García e a Conselleira de Educación, Carmen Tomar Tojo. Tamén tivo como protagonistas moi especiais aos nenos e nenas de diferentes idades e ás súas familias que participaron con pequenos discursos e poemas. 













  A parte literaria estivo a cargo do escritor Antón Cortizas, figura de referencia na literatura galega, que deu renda solta á súa creatividade e transformou a palabra, os sentidos e os sentimentos en poesía. 


  Acompañou o acto inaugural a música do grupo de gaitas Amigos do fol e o grupo de metais Petit Band, do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro e que tocaron na praza. 

   Aquí quedan para o recordo algunhas imaxes:































   Tamén podedes ver un pequeno resumo neste vídeo de imaxes:

   


  Tamén a prensa da zona se foi facendo eco deste acto: 







5 jun 2019

FACE TO FACE COMPANY: TEATRO EN INGLÉS






   Como ven sendo habitual dentro das nosas actividades dinamizadoras, esta semana o alumnado de 2º e 3º ciclo baixaron á casa da cultura para ver a representación en inglés da compañía de teatro Face to Face, titulada "Tarzán".


 
   Así de ben o pasaron:


O NOSO BOSQUE DOS SENTIDOS



 
     




       Fai uns días solicitamos a vosa colaboración para facer un traballo plástico e literario no que intentamos unificar o lema das Bibliotecas Escolares co tema do noso Proxecto de Centro, “Miramos polo noso monte”.  

    Seguro que tod@s nalgún momento percibimos as diferentes sensacións que nos produce un paseo polo monte, en plena natureza, e tamén somos capaces de entender a poesía como unha fiestra aberta a diferentes maneiras que cada un de nós ten de “ver” o mundo que nos rodea. O monte, coa súa infinita variedade de formas e cores e a fascinante riqueza da súa vida, proporciona á poesía unha fonte inagotable de estímulos e inspiración. 

    Convidámosvos a poetizar o noso monte a través dos sentidos, é decir, o que o monte nos suxire dende os sentidos a través da expresión poética: a vista (fotos, cores, debuxos…), o olfacto (o cheiro da terra, as follas, os froitos…), o tacto (texturas, materiais…), o oído (sons, música…) e o gusto (a cociña, os alimentos…).    


    Este foi o resultado dos vosos fermosos e motivadores traballos: 



 













   
 Preparándonos xa para a vindeira exposición en Viveiro do 4 ao 6 de xuño, presentamos o cartel desta  8ª edición: 


  Así como o díptico coa programación cultural deses días: 

    





CELEBRANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS: COÑECEMOS A ANTÓN FRAGUAS



  



    "VIDA E OBRA DE ANTÓN FRAGUAS CON PLICKERS"

    En colaboración co equipo de dinamización da lingua galega levouse a cabo unha actividade que consistía en coñecer a vida e obra de Antón Fraguas dunha maneira un pouco diferente e na que participou todo o cole. 

      Para poder realizar esta actividade na aula TIC, primeiro tivemos que investigar sobre este autor: 


 vida e obra de Antón Fraguas

   En formato dixital, elaboráronse diferentes preguntas adecuadas aos distintos niveis onde se plantexaban 4 posibles respostas. Aos nen@s entrégaselles un panel cuns códigos numerados similares aos QR, e dependendo de como coloquen o panel a resposta pode ser A, B, C ou D. Pásase un scáner coa aplicación e fai un rexitro do que contestou cada nen@ e despois mostra a resposta correcta na pantalla. Ao rematar a tanda de preguntas saca unha porcentaxe dos acertos da clase para así poder ver que clase sacou un numero maior de respostas correctas e así levar o agasallo, xentileza do EDLG.  
















 

     Como ben sendo costume, durante a semana das letras galegas, ten lugar a actividade de "padriños e madriñas", que todo o alumnado está esperando. Tivemos que retrasala uns días, espero que agora o tempo acompañe as nosas lecturas: 








   
     Coa chegada do mes de maio tamén colgamos o ecobanderín proposto para este mes:





ANIMACIÓNS LECTORAS E CULTURAIS








     



     
      Abril e maio son meses moi literairos e sucédense dúas conmemoracións moi importantes para a biblioteca escolar: Día do Libro e Letras Galegas.  
        Concentramos estes meses varias animacións lectoras/culturais. Libruxa invitou a dous autores dos que xa tiñamos lido algunha das súas obras: Ramón Caride, con O segredo de Sara e As viaxes de Ruki, e Ledicia Costas, con As peripecias de Extravaganzza Pérez. 

Así foi a mañá con Ledicia Costas en compañía do alumnado de 5º e 6º de Primaria: 








 Así o pasaron con Ramón Caride os nen@s de 3º e 4º de Primaria: 














      Asímesmo, na liña do curso pasado, visitounos, coa colaboración da ANPA, Alberto Geada, experto zoqueiro para achegar ao noso alumnado á cultura tradicional galega a través do emprego da madeira do noso monte para a elaboración das tradicionais zocas.