Páginas

9 ene 2022

E XA CHEGA O NADAL




 












  Así foi quedando o noso hall cos adornos navideños feitos polas familias con elementos reciclados e de refugallo. 

  Xa está listo o expositor con libros recomendados sobre o tema: 


  Para conmemorar esta data, ademais de degustar roscón e chocolate e da visita do Apalpador, que nos trouxo un agasallo moi especial que puidemos personalizar ao nosos gusto, decidimos facer un pequeno festival no patio do cole con panxoliñas en galego e inglés: 



 Tamén quixemos desexarlle un bo nadal a toda a comunidade educativa cun vídeo moi especial:

 


 Libruxa publica, coma sempre, as súas recomendacións lectoras para o Nadal e espera que algunha delas vos chame a atención e a incluades nas vosas cartas a Papá Noel ou aos Reis Magos: 

O RAP DOS DEREITOS HUMÁNS


    Este ano rapeamos os dereitos humáns, polo que cada clase creou nun obradoiro de poesía unha pequena estrofa sobre o dereito que lle tocou e despois practicamos o "rapeo" antes de gravar todo coa axuda do profe de música. 
      

dereitos humanos by Nazareth


Así quedou o noso rap. Esperamos que vos guste:

PONTE NO MEU LUGAR: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON "DIFERENTES CAPACIDADES"

 


     Como sempre, acompañamos a actividade que se propón con recomendacións lectoras no noso expositor temático: 


  Con esta actividade pretendemos sensibilizar ao noso alumnado das verdadeiras necesidades das persoas con dependencia e defender os seus dereitos, invitándoos a poñerse no lugar do outro por un pouco espazo de tempo, para que se den conta das dificultades polas que atravesan no seu día a día.

    Concienciar á sociedade da necesidade de apoios e recursos para dar unha resposta efectiva que cubra as súas necesidades sociais, educativas e sanitarias para conseguir unha mellora no desenvolvemento da súa identidade persoal. 


   
  



















   Normalmente non acaparan portadas de xornais pero todas estas persoas teñen unha historia de esforzo e superación que merece ser contada. Accidentes, lesións, enfermidades....que se converteron nunha oportunidade para mellorar e fortalecer o seu carácter. 

     Adiaratou Iglesias, Desirée Vila, Susana Rodríguez....? Son mulleres,deportistas, galegas... sobre as que o alumnado de 6ºB indagou e coñecer as súas historias foi toda unha lección. 

A FRAGA DA NON VIOLENCIA

 


      O machismo, a desigualdade ou a discriminación deberían ser actitudes non tolerables nunha sociedade democrática como a nosa. Entendemos que é unha responsabilidade compartida e un compromiso social loitar e previr este tipo de violencia, ao mesmo tempo que darlle visibilidade a esta realidade para que @s máis pequen@s da sociedade a recoñezan e rechacen enerxicamente estes comportamentos. 

          A nosa proposta deste ano consiste en crear unha pequena fraga contra a violencia de xénero, chea de mensaxes a favor da igualdade e respecto mutuos, partindo de lecturas previas na aula relacionadas co tema expostas no expositor temático da biblio. 



      Esta foi a nosa proposta inicial presentada ao resto do claustro, que tivemos que modificar por inclemencias metereolóxicas e levar a nosa fraga da non violencia ao interior dos edificios: 
  

   Despois de ler e traballar na aula sobre o tema, estes foron as mensaxes escritas polos nosos nenos e nenas.  Aquí vos deixamos un vídeo do noso traballo para conmemorar este día: 

OBRADOIRO LITERARIO DE NOVEMBRO: MES DO MEDO


    Se ben a 1ª parte foi a creación artística das tumbas dos seres lendarios galegos para construír o noso bosque enfeitizado, esta entrada corresponde á 2º parte da actividade proposta para o Samaín, onde estivemos investiganodo ao longo deste mes de novembro sobre os diferentes seres mitolóxicos que habitan os nosos montes e fragas e elaboramos pequenas creacións literarias que escoitaredes a continuación: 

CHEGA O MAGOSTO E O MOMENTO DE "naturalizARTE"

 

   

    E xa vai chegando o magosto, tempo de outono, de castañas....e por iso xa temos preparadas as nosas actividades que colgamos na aula virtual do cole para que os titores xa fosen preparando todo o necesario: 

Magosto 2021 by Nazareth


      Nestes vídeos atoparedes resumido o noso día de Magosto co asado, o baile tradicional e o obradoiro de "Land art", arte coa natureza, que nós lle chamamos "naturalizARTE"

 






   @s nen@s de 4 anos elaboraron xa o seu vídeo sobre a súa árbore dos montes galegos do PDI de centro no que estamos a traballar este trimestre, que encaixa moi ben con este conmemoración, xa que se trata do castiñeiro

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA: A NATUREZA DA MOITO XOGO!!!!



       

    O 20 de Novembro é un día adicado a todos os nenos e nenas do mundo en honor á aprobación da Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 pola Asamblea Xeral da ONU. 
      O obxectivo de celebrar este día é chamar a atención sobre a situacón d@s nen@s máis desfavorecidos e dar a coñecer os seus dereitos, ao mesmo tempo que concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu bienestar e desenvolvemento. 
      Quixemos conmemorar este día coa preparación dun taller de elaboración dalgún xogo tradiconail con elementos da natureza, seguindo a liña do noso proxecto, e coa colaboración das monitoras de GAIA.