Como xa sabedes, o noso centro forma parte dende hai uns anos xa da microrrede PLAMBE da Mariña dende onde seguimos facendo camiños no entendemento e cooperación interbibliotecas e no fomento do nosa cultura literaria e lingüística, incluso este ano tan complicado para tod@s.
No mes de maio estariamos inmersos, xunto coas familias, na preparación da exposición conxunta en Viveiro. Ainda que mantivemos diversas reunións e encontros virtuais ao longo do curso, non foi posible facer esta exposición de xeito presencial cos diversos actos culturais e actividades dinamizadoras que veñen sendo habituais, pero non quixemos deixar este curso "orfo" do noso espíritu e ganas de superar este momento con esforzo e ilusión, polo que decidimos crear unha exposición virtual.
No blog da Microrrede irán aparecendo ao longo do mes de xuño os distintos proxectos como centros baixo o título "Xeografías..."; centros educativos de distintas zonas de A Mariña, de diversas etapas educativas e con moi diferentes realidades.
Para comezar, presentamos o suxerente cartel da Microrrede para este curso 2020-21, realizado pola alumna de 3º da ESO do IES Perdouro de Burela, Lidiana de Pina Sanches e maquetado pola coordinadora da biblioteca do mesmo centro, Karina Parga:
O CEIP de Celeiro achéganos unha presentación dende onde podemos ver de forma conxunta os traballos propostos polos distintos centros. Preme na imaxe:
Libruxa, a nosa mascota, presenta para esta exposición o "Caderno do Camiño", onde aparece a nosa "peregrinaxe" deste curso a modo de caderno de bitácora, co itinerio de actividades relacionadas coas conmemoracións e as distintas propostas para o PDI "Xacobeo-Bureleo 2021" e o Proxecto Erasmus+ "Friends for Our Planet": as credenciais lectoras, as verbas do camiño, o Xacobeo na prensa, o taller de contos de medo, o concurso de carteis para o "bureleo", o correversos do Camiño, as mascotas peregrinas e os países que representan, a reportaxe da ruta "Bureleo 2021", os dous retos de investigación e concienciación medioambiental: enerxía e contaminación...e moitas actividades máis que esperamos que vos gusten!!!