Seguimos co camiño de verbas, recuperando ou rememorando palabras da nosa lingua que nos gustan, que xa non empregamos, que nos soan ben... As verbas recuperadas para o mes de novembro son:
2 dic 2020
AS VERBAS DO CAMIÑO: NOVEMBRO
Seguimos co camiño de verbas, recuperando ou rememorando palabras da nosa lingua que nos gustan, que xa non empregamos, que nos soan ben... As verbas recuperadas para o mes de novembro son:
28 nov 2020
3 DE DECEMBRO: XUNT@S IMOS POLO BO CAMIÑO
Unha parada máis no noso camiño baixo o lema da campaña deste ano "Un día para tod@s", co que se quere facer ver a (dis)capacidade como parte da condición humán, xa que en calquera momento das nosas vidas podemos experimentar unha discapacidade, temporal ou permanente.
Esta é a nosa proposta, e contamos coa profe Patri, de audición e linguaxe, que se brindou a axudarnos na súa preparación:
Día Das Persoas Con Discapa... by Nazareth
22 nov 2020
25 DE NOVEMBRO: ONDE ESTÁ A DIFERENZA?
Por esta razón, nos facemos esta pregunta: Onde está a diferenza? Para responder a esta pregunta estamos a realizar nas nosas aulas e coa axuda dos libros expostos na biblioteca unha actividade para a que dende logo non van a facer falta palabras, falará a través das imaxes e coa que pretendemos deconstruír a imaxe preconcebida que temos do xénero e facerlle ver aos máis pequenos que o que somos e o que valemos está dentro de nós mesmos, independentemente si somos masculino ou feminino.
Día contra a Violencia de X... by Nazareth
O noso expositor temático xa está listo na biblio para ir lendo ao longo desta semana:
Este foi o resultado das nosas montaxes:
DÍA DA INFANCIA E OS DEREITOS D@S NEN@S
Este pasado 20 de novembro quixemos adicar as nosas aulas aos dereitos e deberes da infancia, que @s nen@s coñecesen os seus dereitos e entendesen que non sempre son respetados en todos os lugares do mundo e que hai moooitos nen@s da súa idade que, por desgracia, se atopan en peor situación que a súa, de total desamparo por mor das guerras, da pobreza, da emigración, das ineficacias políticas, da avaricia e egocentrismo duns poucos....
Esta situación a nivel global queda perfectamente plasmada a través do traballo de Ugur Gallen, que amosa os máis duros contrastes do mundo en desgarradoras fotografías que nos impactan diante das nosas narices como pequenas bofetadas.
Esta foi a nosa proposta:
Quixemos rendir a nosa pequena homenaxe a este artista turco coas nosas particulares fotografías destes "universos paralelos" que, dende logo, remexen conciencias:
19 nov 2020
AS VERBAS DO CAMIÑO: OUTUBRO
Unha das actividades anuais que preparamos como parte do noso PDI "Xacobeo-Bureleo 2021" consiste no redescubrimento daquelas palabras galegas que por diversas circunstancias xa están en desuso ou son descoñecidas para @s nos@s peques. Unha volta ao coñecemento da nosa lingua e das palabras olvidadas...
As verbas chegan á clase: no "xoves galego", compartiremos as palabras na aula e elixirase a que mais nos guste e represente á nosa clase no muro das verbas. Trátase dunha actividade familiar que logo poñemos en común nas clases e cada aula presenta a súa palabra do camiño mensual para ir colocándoa no muro das "verbas do camiño". Enviamos a seguinte información ás familias:
Este sería xa o muro das verbas do mes de outubro, xa estamos recibindo as verbas de novembro; pero esperaremos ata que remate o mes...
14 nov 2020
CELEBRAMOS O MAGOSTO, ESPERANDO OS CONTOS DE MEDO....
E mentres celebramos o Magosto, Libruxa espera a chegada dos contos de medo. As bases do conto, moi sinxelas, só ten que dar moooooito medo e estar escrito en galego.
A través deste taller de escritura de contos no que teñen que usar uns taboleiros que preparamos para elexir os ingredientes do mesmo quixemos facer unha parada na nosa ruta do Camiño rendindo unha homenaxe á tradición oral galega a través das lendas, tan arraigadas na nosa cultura. Deste xeito, @s peques coñecerán ao home do saco, a xacia, os trasnos, o lobishome, as mouras, o urco, o olláparo, as meigas, as lavandeiras, a Santa Compaña...
Lembrade que tedes ata finais de novembro para ir cargando as vosas propostas no buzón virtual de Libruxa, que espera ansiosa os vosos contos. Despois decidirá os que máis lle gustan e recibirán agasallos os máis terrorííííííficos!!!!!!
Por fin!!!! Libruxa xa ten os libros elexidos para regalar e o xurado xa decidiu quenes foron os gañadores dos contos de medo despois de escoitar ou ler todas as propostas:
- da categoría de infantil : a clase de 5 anos B co título de "Amigos para sempre"
- da categoría de 1º-3º: a clase de 2ºA baixo o título "Veluntina, a vespa asasina"
- da categoría de 4º-6º: o audioconto de Teresa Santos Pradel da clase de 6ºB con "Non todo é o que parece"
Conto de Medo Teresa Santos... by Nazareth
Conto de 2ºA
CELEBRAMOS O MAGOSTO
Pouco a pouco vai pasando novembro e imos celebrar esta semana o Magosto. Non teremos o noso tradicional asado de castañas, a merenda no patio tod@s xunt@s, desfrutando das castañas quentiñas, do seu olor, das risas d@s peques e o calor das súas familias...pero tampouco queríamos deixar de celebralo, polo que pensando, pensando...estas foron as nosas proposatas:
Tamén, ao longo desta semana @s nen@s traerán para a súa merenda froitos e froitas desta época e unhas poucas de castañas e follas secas para ir realizando algunhas manualidades.
Esperade a ver os resultados, seguro que nos sorprende, coma sempre:
25 oct 2020
E CHEGA O SAMAÍN-HALLOWEEN
Achégase a noite do 31 de outubro, unha das noites máis enxebres das que se viven en Galicia, xa que é unha tradición de orixe celta. "Samhain" significa "fin do verán", e os antigos celtas celebrábano como o momento de transición do estío ao inverno. Nesta data, dícese que é máis fácil transitar entre os dous mundos: o dos vivos e o dos mortos.
Se queres saber máis sobre o Samaín celta, clica na seguinte imaxe:
Ademáis, Libruxa preparou, xunto cos outros equipos do centro, varias actividades ao longo deste mes de novembro que iremos pouco a pouco presentando segundo vaian estando rematadas:
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Qué é unha biblioteca?, por Gloria Fuertes...
"Unha biblioteca é como unha segunda
casa para as persoas que len libros. Na biblioteca están todos os libros e
podes lelos gratis. Dentro dunha biblioteca cúrase a ignorancia, os libros son
para a mente como as tiritas para as feridas. As bibliotecas son tan
importantes que terían que estar en todas partes, como as
farmacias."
O venres celebramos no cole o Día das Biblitecas escolares. Como cada ano, Libruxa xa foi repartindo as mochilas viaxeiras, ainda que ao longo deste curso, quedarán unhas 48 horas de cuarentena entre entrega e entrega, segundo o protocolo COVID que elaboramos para a biblioteca escolar.
Tamén se presentou o cartel deste curso, que enlaza perfectamente co percorrido xeográfico e literario que imos a levar a cabo a través das rutas do Camiño:
Presentouse nas clases o novo proxecto do
centro: "Xacobeo-Bureleo 2021" a través da lectura
da carta que Libruxa lles deixou no Caderno do Camiño.
18 oct 2020
"XACOBEO- BURELEO 2021"
Novo curso, novo PDI: "Xacobeo- Bureleo
2021". Ao longo de setembro os diferentes equipos do cole fumos
conxuntamente perfilando o deseño do novo proxecto que presentaremos á
comunidade educativa o Día das Bibliotecas Escolares a través dun "caderno do viaxeiro" virtual que se verá dende a páxina web do cole e
que irá amosando o noso camiño paso a paso co itinerario de
actividades propostas e o resultado final. Será un caderno que medre a medida que
avanzamos nas distintas etapas do noso camiño e no que iremos gardando, a modo
de caderno de bitácora, todo o noso proxecto.
Carta Presentación Libruxa by Nazareth
O obxectivo deste proxecto é fomentar o coñecemento do patrimonio cultural relacionado co Xacobeo e dar a coñecer ao noso alumnado a riqueza patrimonial, ecolóxica e cultural da nosa terra a través das rutas do Camiño, ao mesmo tempo que tamén nos covertiremos en "peregrinos" da nosa propia ruta "bureleo 2021" que acondicionaremos, sinalizaremos e explicaremos a través da elaboración dunha guía co itinerario e lugares de interese do noso concello.
Coñecer o noso é o primeiro paso para coidado, polo que debemos aproveitar, dende as aulas, a capacidade de asombro e descubrimento dos nen@s fronte ao mundo que os rodea e facer intervir ás familias e a outros profesionais da contorna que os axude e os guíe no fomento de prácticas saudables como parte do proceso permanente no que van adquirindo conciencia do munod que os rodea.
Este Camiño especial tamén será un camiño de volta á nosa cultura, tradicións, paisaxes, gastronomía, etnografía, literatura...un camiño cheo de imaxinación, descubrimento e creatividade.
Para comezar esta primeira parte do proxecto propóñense estas actividades:
Xacobeo Bureleo Para Comezar by Nazareth
Os nosos
nenos e nenas tamén disporán dun carnet cunha serie de credenciais lectoras que
terán que ir selando a medida que vaian superando os diferentes retos lectores
para conseguir a súa Compostelana: "os contos do Camiño"
Carnet Os Contos Do Camiño-... by Nazareth
Carnet Os Contos Do Camiño ... by Nazareth
Carnet Os Contos Do Camiño ... by Nazareth
Carnet Os Contos Do Camiño ... by Nazareth
Todo
está preparado para comezar!!!! o día 24 de outubro daremos o pistoletazo de
saída polas nosas rutas Xacobeas, esperando que esta situación de pandemia tan
extraña non merme os nosos ánimos nin ilusións.
Polo pronto as nosas portas coas mascotas peregrinas xa están case a punto e colocarase a mascota en cada país asignado a cada curso para no segundo trimestre facer a presentación das diferentes investigacións dos países do Camiño, aos que xuntamos os do Proxecto Europeo:
30 sept 2020
PROTOCOLO COVID-19 PARA A NOSA BIBLIOTECA
Volta ás aulas!!! e, como non, Libruxa tamén voltou á súa biblioteca despois das vacacións de verán. Ven preparada coa súa mascarilla e o xel hidroalcohólico. Tamén, coa axuda do seu equipo de biblioteca, liberou espazo de sillas e mesas para que os nenos e nenas puidesen achegarse á biblioteca e acomodarse mantendo unha maior distancia:
Benvidos un curso máis, ainda que este ano ten que ser un pouquiño diferente, e por iso, Libruxa estivo todo o verán pensando a mellor maneira para que puidésedes visitala na biblio como en cursos anteriores, facer actividades e seguir collendo as lecturas que máis vos gusten. Deste xeito, elaborou un protocolo con instruccións moi sinxelas que debedes seguir con moito coidado:
E este é o cartel que se elaborou para a entrada da biblioteca, cun resumo das novas normas para a pandemia:10 jun 2020
RECOMENDACIÓNS DE VERÁN
Libruxa xa está pensando en tomar un pequeno descansiño deste remate de curso tan solitario e extraño. A verdade é que se lle fixeron moi longos estes meses sen ver aos seus nen@s e espera que o vindeiro curso os poida ver facendo moitas actividades na biblioteca e divertíndose con todas as súas lecturas.
Agora en xuño, cando estamos preparando o material que quedou na aula para entregarlle ás familias, caímos na conta que nas casas quedaran moitos libros en préstamo ao pechar os coles e as bibliotecas escolares de forma tan precipitada.
moi boas vacacións e moitas lecturas refrescantes
POR UN PLANETA MÁIS SAN
Que mellor maneira de crear conciencia nos nosos peques que a través de pequenas accións, como limpeza de áreas forestais ou ir recollendo o lixo das nosas praias.
Libruxa propónvos, que agora que podemos saír un pouquiño do noso confinamento, adicarlle un pouquiño do noso tempo a limpar o lixo que o mar deixou e que se non retiramos, o mar volverá a levar para outro sitio. Ademáis de quitarlle ao mar un pouco da porquería que leva, tamén nos axuda a ser máis conscientes do que estamos a facer coa natureza, do que consumimos...e a seguir reflexionando sobre o que estivemos traballando este curso co noso PDI "Miramos polo noso mar".
A natureza, os océanos, a biodiversidade, os ecosistemas ofrecen infinitas oportunidades de aprendizaxe aos peques, polo que unha moi boa maneira de concienciar é a través das lecturas. Por iso, queremos compartir aquí unha pequena selección de libros que vos poden servir para profundizar máis no coñecemento e conservación do mundo que nos rodea:
Interesante botarlle unha ollada ao BOOKTRAILER do libro editado en portugués, Plasticus Maritumus, uma especie invasora, de Ana Pego, que aparece en Kalandraka TV: