Páginas

30 mar 2009

2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil


Un ano máis chéganos o cartel conmemorativo do Día Internacional do Libro Infantil que, por encargo do IBBY, vai percorrendo o panorama da ilustración dos diversos países nos que está presente esta organización, a través das súas seccións. OEPLI, a nivel estatal e GALIX a nivel de Galicia, difunden a MENSAXE e a IMAXE para este día, imaxe e texto que nesta ocasión veñen de Exipto, da man do ilustrador Hani D. El-Masri.
Como xa é coñecido, a elección do día 2 de abril pretende lembrar a figura de
Hans Christian Andersen coincidindo coa efeméride do seu nacemento, e difundir a mellor literatura infantil e xuvenil que se pode poñer ao alcance dos novos lectores.

28 mar 2009

APADRIÑAR UNHA PALABRA


"Ser padriño, que gozada!, dunha fermosa palabra"

O equipo de NDL ven de mostrarnos un montón de palabras rescatadas do esquecemento colectivo grazas á colaboración das familias. Estas foron as que as APADRIÑARON e o alumnado de todo o colexio elaborou as fichas que dende hoxe están expostas para que poidan disfrutalas todas aquelas persoas que queiran.









16 mar 2009

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

Se queres coñecer poemas musicados de autor@s galeg@s entra en SON DE POETAS, un proxecto do IES David Buján de Cambre.

5 mar 2009

CANCIÓN DE CHOCOLATA

LIBRUXA deixou este regalo para todas as nenas e nenos de Infantíl e 1º ciclo, e en especial para @s de 2º curso, que sabe que estiveron lendo as aventuras de "Chocolata".

DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES


O Día Internacional das Mulleres celébrase o día 8 de marzo e está recollido polas Nacións Unidas.


Neste día conmemórase a loita da muller pola súa participación, en pé da igualdade có home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.


Trátase simplemente do dereito das mulleres a desenvolver plenamente a súa cidadanía en igualdade cos homes.




8 de marzo. Propoñémonos acadar a igualdade

As nenas e os nenos somos iguais. Aprende esta canción.