Páginas

29 may 2025

I SEMANA DA INFANCIA: TITIRETEANDO E "COÑECE O TEU CORPO"

 


    


        O noso Concello celebrou a súa I Semana da Infancia cun programa cheo de actividades e obradoiros, no que estivemos encantados de participar. 

       Houbo un cambio no programa con respecto á nosa actividade, xa que nun principio estaba previsto nese horario un contancontos sobre igualdade a cargo de Raquel Queizás, "Somos iguais".
      Non puido ser e o luns o alumnado de 1º, 2º 3º e 5º de primaria asistimos na Praza de Abastos a un obradoiro de títeres de cartón a cargo de Tom Arenas


        Xogamos a ser diferentes personaxes, meternos na pel dos protagonistas dos contos, para finalmente crear uns pequenos títeres cos que despois representamos no patio as nosas obriñas.