LIBRUXA PEREGRINA!!!! Preparándose para a nosa particular Ruta Xacobea
2020-21.
Novo curso, novo PDI: "Xacobeo- Bureleo
2021". Ao longo de setembro os diferentes equipos do cole fumos
conxuntamente perfilando o deseño do novo proxecto que presentaremos á
comunidade educativa o Día das Bibliotecas Escolares a través dun "caderno do viaxeiro" virtual que se verá dende a páxina web do cole e
que irá amosando o noso camiño paso a paso co itinerario de
actividades propostas e o resultado final. Será un caderno que medre a medida que
avanzamos nas distintas etapas do noso camiño e no que iremos gardando, a modo
de caderno de bitácora, todo o noso proxecto.
Comezaremos a
nosa andaina cunha carta de presentación de Libruxa:
Carta Presentación Libruxa by Nazareth
O obxectivo deste proxecto é fomentar o coñecemento do patrimonio cultural
relacionado co Xacobeo e dar a coñecer ao noso alumnado a riqueza patrimonial,
ecolóxica e cultural da nosa terra a través das rutas do Camiño, ao mesmo tempo
que tamén nos covertiremos en "peregrinos" da nosa propia ruta
"bureleo 2021" que acondicionaremos, sinalizaremos e explicaremos a
través da elaboración dunha guía co itinerario e lugares de interese do noso
concello.
Coñecer o noso é o primeiro paso para coidado, polo que debemos aproveitar, dende as aulas, a capacidade de asombro e descubrimento dos nen@s fronte ao mundo que os rodea e facer intervir ás familias e a outros profesionais da contorna que os axude e os guíe no fomento de prácticas saudables como parte do proceso permanente no que van adquirindo conciencia do munod que os rodea.
Este Camiño especial tamén será un camiño de volta á nosa cultura, tradicións, paisaxes, gastronomía, etnografía, literatura...un camiño cheo de imaxinación, descubrimento e creatividade.
Para comezar esta primeira parte do proxecto propóñense estas actividades:
Xacobeo Bureleo Para Comezar by Nazareth
Os nosos
nenos e nenas tamén disporán dun carnet cunha serie de credenciais lectoras que
terán que ir selando a medida que vaian superando os diferentes retos lectores
para conseguir a súa Compostelana: "os contos do Camiño"
Carnet Os Contos Do Camiño-... by Nazareth
Carnet Os Contos Do Camiño ... by Nazareth
Carnet Os Contos Do Camiño ... by Nazareth
Carnet Os Contos Do Camiño ... by Nazareth
Todo
está preparado para comezar!!!! o día 24 de outubro daremos o pistoletazo de
saída polas nosas rutas Xacobeas, esperando que esta situación de pandemia tan
extraña non merme os nosos ánimos nin ilusións.
Polo pronto as nosas portas coas mascotas peregrinas xa están case a punto e colocarase a mascota en cada país asignado a cada curso para no segundo trimestre facer a presentación das diferentes investigacións dos países do Camiño, aos que xuntamos os do Proxecto Europeo:
Ademáis, tamén elaboramos un pequeno proxecto sobre o Xacobeo para aqueles cursos que o queiran empregar ou modificar ao seu gusto, así como unha presentación con información sobre o tema:
Proxecto Camiño Santiago by Nazareth
Ppt Camiño de Santiago by Nazareth