Hoxe visitou o noso cole o contacontos Anxo Moure que nos engaiolou coa maxia da natureza. A imaxinación deste activista ecoloxista para artellar historias e aparellos cos que poder chegar aos máis pequenos coas súas mensaxes non ten límites, unhas mensaxes que sempre teñen que ver coa natureza e a cultura popular galega.
Leva moitos anos compartindo as súas historias nos coles e a través de actividades de educación ambiental e animación cultural con contacontos pedagóxicos, nunha casa enriba dun castiñeiro e dun carballo, ou a través de Ciclobicicletas, ou monicreques das Titiricletas...entre outras
Jan, a mascota do Erasmus+ está moi preocupado xa que está a ver algunhas cousas que non lle gustan, sobre todo no edificio 1. Comezan as eco-accións no noso cole...Está nas vosas man axudarlle, pero antes escoitade con atención:
Para que vexades que non era unha broma o que Jan vos contaba, aquí unha proba do que recolleron @s nen@s de 6ºB no patio
Libruxa tamé aplaude as vosas accións. Moi ben peques e grazas pola vosa rapidez e implicación na limpeza estes primeiros días, por recoller algo de lixo que ao mellor sería voso, pero tamén de moitos outros que o deixaron alí...Así se fai!!!
RECORDADE que a partir de agora as BRIGADAS VERDES comezarán a funcionar vixiando o patio para que quede limpo e multando a todas as clases que deixen lixo tirado no chan.
Ás de mosca para Anxo, de Fina Casalderrey foi o primeiro libro que decidiron ler os nenos e nenas de 6ºB e quixeron recomendarllo aos seus compis a través dun booktour, esperando que vos animedes tamén a compartir as súa lectura.
Chegou de novo Samaín, unha data que gusta moito aos nen@s do cole. Ademáis de vir disfrazados e compartir medos ese día, Jan e Libruxa prepararon algunhas actividades terrorííííficas!!!!
Preparouse o expositor temático:
Para a ambientación, nesta ocasión pedimos ás familias encher os corredores do cole de cadaleitos, feitos con materiais reciclados. Nós no cole, creamos un bosque enfeitizado no invernadoiro cheo de tumbas dos seres mitolóxicos que habitan os montes galegos. Ademáis faremos unha pequena composición literaria sobre a criatura que nos tocou, así que teremos que investigar moi a fondo quen son, como son, que fan... recuperar eses relatos imaxinarios baseados na tradición oral e as lendas que antiguamente trataban de explicar aqueles fenómenos que non tiñan unha explicación sinxela.