23 mar 2022
VISITAS E MÁIS VISITAS
DÍA DA POESÍA: O CANCIONEIRO POPULAR XOGA CO MEDIOAMBIENTE
Nos expositores da biblio tamén atoparedes diferentes posibilidades poéticas que podedes levar ás aulas para disfrutar da poesía
Libruxa preparou unhas recomendacións poéticas que seguro vos gustarán moito. Elexide!!!
Si, si...ao noso cancioneiro popular tocoulle este ano xogar coa temática do medioambiente e reescribirse con novos versos relacionados coa reciclaxe, as 3Rs, a natureza....
A nosa tradición vai da man da oralidade e xa comprobaredes como os nenos e nenas de 3º ciclo lle dan unha volta ás letras e xogan coa música, coas palabras, coa rima, co ritmo e coa linguaxe dun xeito moi orixinal versionando as cancións populares galegas, adaptando a súa letra e lanzando a través dela unha mensaxe de protección da natureza:
RADIO VISTALEGRÍN!!!!
Xa está aquí RADIO VISTALEGRÍN!!!!!!! E por fin xa temos a nosa mascota, un diseño de Jimena, de 6º curso de primaria, que convirteu o faro de Burela nun orixinal locutor de radio:
SEMANA DA PRENSA: O MEDIOAMBIENTE É NOTICIA
Como cada ano, en marzo celebramos a semana da prensa na escola. Repartimos xornais polas aulas e traballamos as noticias nas clases, dende os pequeniños de infantil ata os maiores de primaria.
Este curso, tocoulles aos nen@s de 2º Ciclo presentarnos algunha noticia elaborada por eles sobre as actividades mediambientais que se están a levar a cabo no cole dentro do proxecto de centro, actividades reais sobre a natureza que atoparon na prensa...Estas noticias incluiránse xa na nosa revista "Vistalegrín" a finais de curso e tamén se gravarán para a canle de radio en podcasts.
Ademais, como xa comezamos o reto 4 sobre a reciclaxe, nalgunhas clases elaboramos traballos de plástica reciclando papel de xornais vellos que fumos gardando.
Estas son algunhas das noticias elaboradas durante a semana da prensa na escola polo alumnado de 2º ciclo:
17 mar 2022
DÍA DA MULLER: BATUKO TABANKA
Libruxa xa preparou as súas suxerencias lectoras para o Día da Muller:
Recentemente galardoadas co premio "Mestras da Memoria 2020", concedido pola Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, estas mulleres caboverdianas de diferentes xeracións, recollen, recuperan e non olvidan a súa cultura, a súas cancións, a súa música, a súa tradición...pese a levar aquí algunhas delas moitos anos, e outras ter nacido aquí.
A comunidade caboverdiana forma parte de Burela e os seus nenos e nenas da nosa comunidade educativa, polo que este Día da Muller quixemos rendirlle a nosa particular homenaxe como recoñecemento a unha traxectoria artística e persoal donde a música revive a memoria das súas orixes que recuperan entre nós e da que nos fan partícipes.
Batuko Tabanka leva 20 anos facendo música e recibindo recoñecementos. Cantan en crioulo-caboverdiano. Un pedaciño de África entre nós; unn canto á igualdade, á non violencia contra a muller, que tamén se reflicte nalgunha das súas cancións.
FEBREIRO CHEO DE VISITAS
Os axentes forestais (APROFAGA) sorprendéronnos cos seus vehículos e ferramentas para traballar no monte. Axudáronnos a coñecer un pouquiño máis o seu traballo e as súas funcións na protección e coidado dos montes.