Por fin LIBRUXA xa ten listas as Mochilas Viaxeiras!!! Este curso tivo máis traballo xa que pon en camiño once mochilas.
As familias atoparán poesía, literatura infantil, libros con música, libros temáticos que facilitarán o diálogo cos seus fillos e fillas. Poderán disfrutar deles durante 8 días e no caderno anotarán suxerencias e opinións que dende o equipo da biblioteca, agradeceremos moito.
Despois da visita á horta, as nenas e nenas do 2º ciclo de Primaria decidiron elaborar unha receta con un dos ingredientes que recolleron alí. Ao principio estaban un pouco escéptic@s con respecto se a probarían ou non, pero foi un verdadeiro éxito xa que repetiron ata agotar existencias.
Algúns xa incluiron o PAN CON TOMATE na súa merenda.
O alumnado de 2º ciclo achegámonos a Mondoñedo onde visitamos unha horta. Alí Vilma e Xulio nos explicaron como cultivan, recollen e comercializan tomates, leitugas, xudías, berenxenas, fabas...Todas estas verduras e hortalizas son ecolóxicas, é dicir, que para o seu cultivo non se empregan produtos químicos que contaminen. Vilma tamén nos explicou que fan mermelada de amorodo e de mora. Trouxemos a proba de todo!!! Á volta paramos en Lourenza e visitamos o Museo da Faba. Gustounos moito a maqueta da zona e as ferramentas que utilizan os nosos abós para labrar as fabas. Aquí tedes unhas fotos que vos darán idea de todo o que fixemos.
Fai fincapé nos recursos que as bibliotecas escolares proporcionan ao alumnado e ao profesorado nese difícil asunto da adaptabilidade, da capacidade de enfrontar novos desafíos, novos retos; de enfrontar con éxito a diversidade individual e a pluralidade e complexidade que as aulas presentan.