Os nenos e nenas do 2º ciclo fomos á GRANXA ESCOLA DE BARREIROS en Sarria.
Foron días xeniais. Sentímonos alegres, cheos de vitalidade e con moita responsabilidade. Foi moi importante afrontar o reto de estar tres días fóra da nosa casa.
Ao final acabamos agotadas e agotados, pero mereceu a pena.
Fixemos un montón de actividades e talleres:
coidamos os animais
recollemos prantas aromáticas para facer un herbario
observamos aves e completamos un caderno de campo
visitamos unha charca
construimos fornos solares
fixemos papel reciclado
preparamos hamburguesas de soia
Non todo foi traballo, tamén xogamos e bailamos un montón.