![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhn3q0QFCPkXJoz-qjajK9MV3gqBMgNkXqPBtPuf0MulfPtM8u2DYTdhzP0Wa3TpOZw_CfxavqT-i0aiqjjxVznwiT5bNLuO9fjB1-IhBiYTi2anhJBc7VjLDXlEnFwAxumK8rWmr2V7Ck/s200/cartel+microrrede.png)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiOXUq0nNSyWN9p9hKP9_cPBaIsXJADBUywqbm8MO8vdo2AV0FtBEbxTW9OGl_lKCu1edyvkD6J_GcDv-vXAapa959PPuDGVLeQi5ZGI4ysCdAA5zwIcrwrXiPc0pMu89Upqh4uM_SmCHM/s200/logo_microrrede-pequeno.jpg)
Fai uns días solicitamos a vosa colaboración para facer un traballo plástico e literario no que intentamos unificar o lema das Bibliotecas Escolares co tema do noso Proxecto de Centro, “Miramos polo noso monte”.
Seguro que tod@s nalgún momento percibimos
as diferentes sensacións que nos produce un paseo polo monte, en plena
natureza, e tamén somos capaces de entender a poesía como unha fiestra aberta a
diferentes maneiras que cada un de nós ten de “ver” o mundo que nos rodea. O monte, coa súa infinita variedade de
formas e cores e a fascinante riqueza da súa vida, proporciona á poesía unha
fonte inagotable de estímulos e inspiración.
Convidámosvos a poetizar o noso
monte a través dos sentidos, é decir, o que o monte nos suxire dende os sentidos
a través da expresión poética: a vista (fotos, cores, debuxos…), o olfacto (o
cheiro da terra, as follas, os froitos…), o tacto (texturas, materiais…), o
oído (sons, música…) e o gusto (a cociña, os alimentos…).
Este foi o resultado dos vosos fermosos e motivadores traballos:
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEivwWwlcnVz76khvcbwGbTRWkuii2iTcELf0inZiS4ucVdXdzbbcHMKca-7mZaaXdD6RQWedFu-XSk97YlU9knE4HuVP_NZ-LFyit4hX74gPDHn5Ex9bVXY77VFH1fVo3YhoYOeqdoAsVE/s320/IMG_20190520_161933.jpg)
Preparándonos xa para a vindeira exposición en Viveiro do 4 ao 6 de xuño, presentamos o cartel desta 8ª edición:
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhn3q0QFCPkXJoz-qjajK9MV3gqBMgNkXqPBtPuf0MulfPtM8u2DYTdhzP0Wa3TpOZw_CfxavqT-i0aiqjjxVznwiT5bNLuO9fjB1-IhBiYTi2anhJBc7VjLDXlEnFwAxumK8rWmr2V7Ck/s640/cartel+microrrede.png)
Así como o díptico coa programación cultural deses días: