A Real Academia Galega conmemora un ano máis o 17 de maio o día das Letras Galegas, este ano adicado a María Victoria Moreno.
Preparamos o mural para ambientar o hall da biblioteca, ademais de renovar o expositor coas súas obras:
Algunhas das obras que se leron nas aulas e nas sesións da biblioteca sobre esta autora:
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgQ61qY40WBip9pov_cHlMfWUOcS9Dhxv5tnvX-E96dpqzOp_4WB7lHcHo2OLI3jYC9khp4tZnJNQZfeRTDzsg06NLx3nCgbPu7lOu9pzZQ5DrggAJ8PpixgV7ZsdiGFuP0JAvPMcUyDuU/s200/2201524478845_XXL.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgGAiIs6KKpLb9eGq1WbPsas05H4IsO8k7Tl-oSPCiZbxtbdWmU0ucNdcnJfgGHdFWwpUbrY9SJcSOU93ct_oiYl7tWMxB63Cqh-RsdXjsEJYFnk1w-PEGZPtqwSJeNaJDFlbQsoFjoHdA/s200/9788491510789-us-300.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhgQLhhYY2iixk5F0MHR8L76L97P2B5uI5TNd338-In-u5e_p38VL-PdxT0BFr2PCoA1certYh1BVNC0pm_Q0qR8RR3j4hUqxx3hkX8SsnJvsoZPZLakfjskPzZqK7eYo6phaffqjqxAfk/s200/9788499140070-uk-300.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhUz43d-PvOOY5A2bfRgqqHZtSruQ2PzYrm0L7cHPTFl3-giJwDVT3fEUPRieeDHpO0We1NRBwkYHn2vbvg45xCjYqKD6U5277IcjwUoXLBNKcN-HkRAJ250VNqOYn9hNm4sqx8U2XTO4Q/s200/Portada-Doce-cartas.jpg)
Aquí vos deixamos tamén información sobre a autora para poder traballar sobre a mesma e as súas obras ao longo deste mes:
- CULTURA DE GALICIA. DINAMIZACIÓN DE LA CULTURA. XUNTA DE GALICIA de onde sacamos os seguintes pdf:
Cuadriptico Expo Letras Galegas 2018 0 by Nazareth on Scribd
Dossier Letras Galegas 2018-1-0 by Nazareth on Scribd
Paisaxes e Personaxes Paneis 0 by Nazareth on Scribd
Ademáis, para conmemorar este día, no mes de maio quixemos preparar unha serie de actividades relacionadas coa literatura, a música, e as tradicións para achegar o noso alumnado un pouco á cultura tradional galega:
- Coa colaboración da ANPA do cole, puidemos disfrutar dos coñecementos dunha parella de Foz que lles contou aos nen@s cómo eran os traxes tradicionais galegos que levaban as mulleres nun día de faena, un día de feira, o domingo de misa, ou vestidas de noiva; o tipo de telas e complementos que se puñan e que puideron ver e tocar e quedaron moi sorprendidos, xa que para eles é algo que lles queda bastante lonxano. Tamén lles ensinaron diferentes instrumentos musicais tradicionais que acompañaron con cancións populares galegas das que disfrutamos moitísimo.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh0Vbn2Ee2jEf_c4GxPn8vfCP20UXwzW4oN3uRYML2vPYyNtEhKXM1CeJ36AwOwyHHL-kzmdRK2dk7odELSpjCMqA6r_WQg7xlyzIEmnM5sNuiqfju1FZlhFPbrw_r7I4-bAO33FvU2qDo/s320/IMG-20180526-WA0012.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjeUhmQ4r0jpmzP5BLHo9MeaQaM6V05qopZqqcP1RhisCs32Lqdb4aHnfEPushc3ELuz1UEXrR_8sZQ4ABzuB_C_HzA_JxXckKoMv8wnvIOnplcd7qf_RUKhsUXM74Dponltbwwa1Cx6MQ/s320/IMG-20180526-WA0049.jpg)
- Outra das actividades favoritas dos nosos nen@s é a de "padriños e madriñas", que están esperando con moitas ganas, xa que aos maiores lles encanta encargarse de lerlle historias aos máis pequenos do cole.
Este curso celebrarémolo o día 31 de maio e como agasallo os nen@s de Educación Infantil daránlles un marcapáxinas personalizado, e @s de Educación Primaria un marcapáxinas de María Victoria Moreno cunha dedicatoria no reverso:
Esperemos que o tempo acompañe: