Páginas

26 may 2026

DECEMBRO: ANTÁRTIDA

 


         Xa rematamos a nosa viaxe por América do Norte e o tempo pídenos un lugar un pouquiño máis frío. Libruxa fai o chamamento da terceira convocatoria para visitar a Axencia de Viaxes: 

-Destino: Antártida/Os Polos

-Data de saída: 1 de decembro

-Data de chegada: 18 de decembro

-Categorías: rotativas por niveis

    


      
        Pouco a pouco xa imos reunindo varias tarxetas de embarque. 


        Comezamos as investigacións para o caderno de aula e logo preparar a exposición final:    


Antártida by Nazareth


      O alumnado de 6º creou un vídeo moi especial para dende a Antártida!!!! BO NADAL DENDE A ANTÁRTIDA: 




   e os pequeniños de 5 anos reuníronse na hora do smoko e viron unha peli moi tradicional de Nadal! O tempo préstase para estas sesións!!!


      Tamén, foron a Polos Creativos e crearon un taboleiro onde tiñan que darlle as instruccións aos robots para ir a lugares concretos da Antártida dos que xa se lles falara na clase e non a outros que eran doutros continentes. Unha mañá moi divertida!!!




    O resultado das nosas investigacións sobre a Antártida quedounos ben chulo!!